Do 4 ao 8 de Maio
Section outline
-
REFORZAMOS:
-A materia é todo o que nos rodea.
-Posee masa e ocupa un lugar no espazo.
-Cada tipo de materia posúe unhas propiedades específicas; por exemplo: a densidade, a cor, a dureza, o viscosidade, a condutividade, etc., que teremos en conta á hora de escollelas para determinados usos.
-A materia podémola atopar en 3 estados: sólido, líquido e gasoso. A auga é a única substancia que se pode atopar, de forma natural, nos tres estados.
Pero a principal clasificación que se fai da materia é en substancias puras e mesturas.
A CLASIFICACIÓN DA MATERIA
A lectura das páxinas 90 e 91 do libro, axudarache a comprender mellor os conceptos, repara tamén nos debuxos.
AS SUBSTANCIAS PURAS
Chamamos substancia pura a calquera material que estea formado por un só tipo de materia e non se pode descompoñer noutras substancias máis símples. Ten unhas propiedades propias que a identifican.
MESTURAS
Unha mestura é a combinación de dúas ou máis substancias puras, as súas propiedades dependen da súa composición. Así por exemplo a densidade dependerá da proporción na que se atopen os seus compoñentes.
Poden ser homoxéneas ou disolucións e heteroxéneas. Observa o debuxo.
As mesturas homoxéneas ou DISOLUCIÓNS poden ser:
-Disolución Gasosa - mestura de gases, como o aire
-Disolución Líquida - mestura de líquidos ou dun sólido nun líquido, como a auga do mar, o leite con colacao.
-Disolución sólida - mestura de sólidos, exemplos: o vidro, o papel; e Aliaxes que son mesturas nas que hai algún metal como o bronce (cobre+estaño), o aceiro (ferro+carbono), o latón (cobre + zinc)

ACTIVIDADES:
1. Fai un esquema sobre a clasificación da materia

2. Escribe exemplos de: 3 substancias puras, 3 mesturas homoxéneas (unha de cada tipo de disolución) e 3 heteroxéneas que poida haber na casa.
3. INVESTIGA: HAI MESTURAS COMA o aceiro, o vidro e o papel que marcaron a evolución e a transformación da historia.
-Que tipo de mestura é o papel? ............................................. Porque Vídeo: De onde ven o papel?
-Que tipo de materia é o vidro? .............................. Porque .............................................Vídeo: De onde ven o vidro?
-Seguro que todos/as tendes materiais de aceiro na vosa casa. Nomea 2 obxectos de aceiro............
-Para que o aceiro sexa inoxidable, que materiais se deben engadir á aliaxe? .............