27 de abril á 4 de maio
Section outline
-
Imos coñecer algunhas propiedades específicas da materia
Continuamos coa materia. É necesario que dediques uns minutos á lectura do libro, páxinas 88 e 89. Fíxate tamén nas imaxes.
Ata agora, estudiamos 2 propiedades xerais da materia: a masa e o volume, que son comúns a todos os corpos e substancias.
Nesta semana imos a recordar as PROPIEDADES ESPECÍFICAS DA MATERIA. O estudo destas propiedades é moi importante porque os materiais son útiles debido a esas propiedades, ademais tamén nos poden servir para distinguir un tipo de materia de outra.
Algunhas propiedades específicas son: A cor, o brillo, a dureza (resistencia á ser raiado), a elasticidade, a opacidade (como se comporta ante a luz, deixan pasar a luz e as imaxes ou non. páx 96 do libro), a viscosidade (resistencia a fluir), impermeabilidade (non deixan pasar a auga), a condutividade (condutores vs illantes deixan/non pasar a corrente), a densidade...
A densidade é unha propiedade específica que relaciona a masa dun obxecto co volume que ocupa. Podemos calcular a densidade mediante a fórmula d= m/V, onde a masa se mide en g e o volume en cm3 ou ml, As unidades son g/cm3 ou g/ml

A densidade é a cantidade de masa que hai nun determinado volume. Por exemplo:
-A densidade do ouro é 19,3 g/ ml. Que significa que 1 ml (ou 1 cm3 ) de ouro, ten unha masa de 19,3 g.
-A densidade da auga destilada é 1g/cm3 quere dicir que 1 cm3 de auga ou (1 ml) ten unha cantidade de materia de 1 g.
Visualiza este vídeo para reforzar as propiedades da materia.
CURIOSIDADE: Sabías que a nosa voz soa máis aguda cando inhalamos helio? A explicación científica é porque a Densidade do gas helio, é menor que a do aire, e ofrece menos resistencia ao movemento das cordas vocais. Estas vibran + rápido e por iso a nosa voz soa máis aguda.
ACTIVIDADES
1 Fai unha selección de diversos materiais que destaquen por algunha das súas propiedades especiíficas e os seus usos:
Por exemplo:
Material Propiedades específicas Usos na vida cotiá A madeira Non é moi dura, pódese traballar
É illante
É combustible
É opaca
Facer mobles
Colócase no chan, para dar calidez
Quéimase para cociñar ou quentar o fogar.
Ponse como contraventá para impedir o paso da luz e imaxes.
2 INVESTIGA. A densidade en g/cm3 da plata, do petróleo, o aceite, da auga salgada, xeo, ferro. Ordénaas de maior a menor.
3 PROBLEMAS DE DENSIDADE:
- Xano ten un tipo de material de 16 g de masa e 2 cm3 de volume nas súas mans. Cal é a súa densidade? ............g/cm3
- Carlota traballa nun laboratorio e quere calcular a densidade do aceite de 1 litro de aceite 930 g. Cal é a densidade do aceite? (Ollo neste problema tes que pasar litros a ml) ................... g/ml
- Cal é a densidade dunha árbore que ten 1800 kg e un volume de 900 m³. ....................... kg/m3
EXPERIMENTA. Escolle algún destes experimentos e xoga coas densidades.