Section outline

  • Destacado

    escornabotsNo momento de comezar esta situación de emerxencia estabamos traballando neste taboleiro con escornabots:

      TEMOS UN COMPORTAMENTO ECOSOSTIBLE?

    Imos a rematar esta actividade escornabótica. Non podemos xogar cos robots, pero si que poderíamos xogar con dados e fichas como o Trivial por exemplo.

    O QUE XA FIXEMOS:

    1º Os debuxos de  situacións que respectan o medio ambiente e situacións negativas para o planeta

    2º Montamos o taboleiro que quedou así: QUIZ ECOSOSTIBLE

    taboleiro ecosostible

    O QUE FALTA POR FACER

    3º Estabamos coa última actividade que era escribir as instrucións do xogo. O robot percorrerá o taboleiro e  os xogadores deben responder diferentes preguntas relacionadas co medio ambiente. Se se responden ben, o escornabot avanza. Agora só temos que elixir as preguntas para cada cela.

    TAREFA:

    - Escribe un folleto de instrucións do Xogo Quiz Ecosostible:

    Nº de xogadores? ...     (individual ou en equipos)   

    Que se necesita: .....    un cubilete, dado, escornabot, taboleiro, instrucións...

    Cando comeza o xogo: ................... o que saque o nº + grande, + pequeno, un 6 cun dado, o que conteste unha pregunta máis rápido...

    Preguntas ou Quizs para cada cela. Este sería un exemplo, segue ti coas outras imaxes do xogo.

    Celas - inserir imaxes  Preguntas- tipo Posibles respostas   Accións
       2  

     Como actuarías se ves un incendio?

    Que medidas se deben tomar para evitar incendios? 

    Chamar ao 112.

    Chamar á emerxencias.   

    Non tirar lixo.

    Manter os montes limpos.

     Se contesta ben non se penaliza. 

    Non sabe contestar, o robot retrocede, programándose ata a cela de salida.

    Para descargar as imaxes fai click no seguinte enlace: Imaxes taboleiro quiz ecosostible