Section outline

  • Preparad@s, list@s, XAAAAA, Celebramos as LETRAS GALEGAS 2020.

    Este ano van dedicadas á   RICARDO CARBALLO   CALERO escritor, lingüista e mestre  ferrolán.

    SELECCIONA AS ACTIVIDADES QUE MÁIS SE ADAPTEN AOS TEUS GUSTOS E NIVEL

    1. Coñece ao homenaxeado a través deste preguntoiro musical:

    2. Conto: "As Pitas baixo a choiva". Relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero. "Cando eu era un cativo, outros galos nos cantaban... Eran unhas aves ergueitas, lanzás, maxestosas. Cristas bermellas... feros peteiros, ollos acesos, colo tornasolado... podentes azas, esporas douradas; e a cola chafarís de lumes de sombras con aquelas longas prumas"

    3. Realiza un debuxo do tema do conto

    4. Canta e aprende a canción: "Alborada das pitas" by A banda das pitas.

    Po po po...........

    Medra o sol co seu doce fulgor

    Vai alonxando o frío trae o calor

    O galo canta tamén o pardal

    As pitas dormen hai que espertar    

    Kikiriki, o día xa está aquí

    Kikirikí, esperta hai que bulir.

    Po po po ....

    A casa ole, arrecendo a mel

    Unha torrada, almorzamos ben

    Se teño un bico de papá e mamá      

    Iso faltaba para espertar.

    Kikiriki, o día xa está aquí

    Kikirikí, esperta hai que bulir.

    E xogarei na terra

    Baixo as maciñeiras

    Serei rei dos gatos

    Subidos nos carballos

    Ceibo na miña eira

    Grilos e bolboretas e falarei coas pitas

    E cantarei co galo.

    Despois de escoitar a canción:

    5. Completa coa súa correspondente onomatopea (palabra que imita sons reais) e como se lle chamaría á súa voz

    Galo- Quiquiriquí

    O galo canta

     Grilo- 

     

     Can-    Pito- 
    Ra- Cuco-       gato-       Burro-    


    6- Le:
    A BANDA DE GAITAS:  É unha agrupación musical. O número de integrantes pode variar moito. Adoitan tocar instrumentos de percusión e gaitas galegas, acordeóna, frautas. A súa vestimenta imita á forma de vestir de finais do século XIX e son diferentes segundo zona. 

    Principais Instrumentos: a gaita, o bombo, a pandeireta, o pandeiro e o tambor ou tamboril. Pode haber outros instrumentos como as cunchas, a botella de anís, culleres, un sacho... Todo o que poida producir son.

    gaita

    instrumentos galegospandeireta

    GAITA PANDEIRO   TAMBORILEIRO   CUNCHAS   PANDEIRETA

    A gaita é un instrumento de vento madeira que consta dun fol, que se enche soprando, e de varios tubos de madeira por onde sae o aire ao premer o fol entre o brazo e o costado. Ten dúas lingüetas ou palletas de madeira no estremo do punteiro. É o instrumento melódico máis importante do folclore galego. 

    7. Escoita Estróupele de Corentena da agrupación Prima de Buxo

    8. FRAUTA: Tocamos partituras en galego:

    Ondiñas Veñen:

    ondiñas veñen

    Eu non sei que pasou no muíño con frauta e percusión:

    eu non sei

    O himno de Galicia. Música Pascual Veiga. Letra Eduardo Pondal.

    himno galego

    O himno galego Historia

    Letra himno galego de Eduardo Pondal "Os pinos"

    • Bailando baixo a choiva. Actividade interdisciplinar Educación Física, Música e Biblioteca con motivo das Letras Galegas

      Inventa unha coreografía para esta canción 

      Colle un paraugas e inventa uns pasos de baile. Cando a teñas, grávaa e envíaa. Inspírate no clásico do cine: Cantando baixo a Chuvia. A bailar con Gene Kelly!