27 de abril ao 3 de maio
Section outline
-
#CantádemeunMaio
Debido á situación excepcional que estamos a vivir, este primeiro domingo do mes de maio, non se van poder celebrar os MAIOS. No seguinte vídeo explícannos de xeito claro en que consiste esta festa tradicional de Ourense
Esta actividade é interdisciplinar con Lingua galega.
COMO SE CANTAN AS COPLAS: cantademeunmaio.wordpress.com
INFORMACIÓN
As coplas dos maios, son composicións poéticas organizadas en estrofas de catro versos de seis sílabas nas que riman os versos pares
-Pódense cantar a capella - Por unha ou varias voces sen acompañamento instrumental-Pódese cantar acompañada de diversos instrumentos.
-Pódense cantar dende dentro ou fóra do maio.
Nos últimos anos poden verse cantos de coplas acompañados por diversos instrumentos. Na foto, aparece Andrea tocando a zanfona, un instrumento de corda fretada.
O metrónomo indícanos o Tempo Musical ou Velocidade do pulso. Na partitura, Negra = 80 Significa Andante, tranquilo sen correr.
Ten Ritmo cuaternario (compás de 4/4) - 4 pulsos
Este pentagrama corresponde a unha estrofa da copla e cada compás correspóndese con cadanseu verso.

ACTIVIDADES:
NIVEL 1
1 Xoga co ritmo e o pulso musical . Vídeos para repasar o pulso, están en inglés, pero enténdense Vídeo 1 - Vídeo 2 - Vídeo 3 Vídeo 4
2 Coloca os pulsos debaixo do pentagrama cunha raia pequechiña por debaixo (recorda 1 negra = a 1 pulso, 2 corcheas = 1 pulso) cada compás ten que ter 4 pulsos, catro raias.
3 Practica a canción coas sílabas rítmicas: TITI-TITI- TA-TA | TITI-TITI- TA-TA | TITI-TITI- TA-TITI | TA TITI- TA-TA
NIVEL 2
4 Cando che saia de forma fluída coas sílabas rítmicas, solfea coas notas respectando a duración das figuras.
5 O Ámbito: A nota máis grave é ...................... e a nota máis aguda é ...................
NIVEL 3
6 Toca coa frauta ou outro instrumento do que dispoñas
-------> Pica no enlace para escoitar a Base Musical tocada coa frauta
PARA TODA A PRIMARIA
7 Escribe As túas coplas. Indicacións que debes seguir.
- Estrofas de 4 versos.
- Intenta ir fiando as coplas: o 4º verso da 1ª estrofa, debe repetirse no 1º verso da 2ª estrofa.
- A temática: Deben de contar de forma crítica ou graciosa o que aconteceu este ano. Que non sexan monotemáticas do coronavirus, algo máis pasaría.
Coplas para comezar:
Xa chegou o maio
de flores fermosas
o maio florido
Chegou a Vistahermosa.Chegou a Vistahermosa.
e alegres cantamos
música das coplas
para acompañalo.PARA CANTAR. " O MAIO" de MANUEL CURROS ENRÍQUEZ. Poeta de Celanova pertencente ao Rexurdimento da Literatura galega. O poema fala da explotación que sufría o pobo galego daquela época.
Música: Luís Emilio Batallán
Entona a escala de do e Recorda a posición da nota do' coa frauta
