25 de maio - 5 de xuño
Section outline
-
1.Le o seguinte texto

Historia do Camiño de Santiago
Din as lendas que no ano 820, o eremita Paio descubriu restos do apóstolo Santiago no monte Libredón, no lugar onde hoxe se ergue a catedral de Santiago.
O rei de Galicia e Asturias, Alfonso II, visitou o lugar no ano 899 e mandou construír alí unha capela.
O Camiño de Santiago viviu momentos de esplendor nos séculos XII e XIII; sobre todo coa implantacion das ordes monásticas do Císter e Cluny. Nos seguintes séculos decaeu un pouco por mor das guerras europeas, da Reforma relixiosa e da Revolución Francesa.
Pero, alá polo século XIX, volve a ter un importante pulo grazas aos viaxeiros románticos ingleses que se namoraron de Cospostela... e ata hoxe, que é unha das rutas máis seguidas por viaxeiros de todo o mundo.
25 ao 29 de maio
2.PREGUNTAS DE COMPRENSIÓN:
-Busca no dicionario: verea, eremita, pulo, por mor de.
-Ordena alfabeticamente: erguer, esplendor, eremita, europea, espido.
-Desde onde ve o peregrino os montes galegos?
-Que santuario se atopa nun espido cume moi batido polo vento?
-Que nome leva o gran río dos galegos?............ Por onde o cruzan os peregrinos?................
Que canteiro famoso o construiu? ....................... Por que é famoso? ........................
-Antes de levantar a Catedral de Santiago que se construiu alí? ....................... Por que?.......................
-Fixate no mapa: Que camiño faríamos nós desde Ourense?............. Por que localidades pasaríamos?
-Revisa o concepto da escala , poderías dicir cantos cm hai no mapa ata Santiago e como calcularías a distancia real. (Documento adxunto)
Do 1 ao 5 de xuño
3. GRAMÁTICA
-Fai clik no enlace e repasa os tipos de palabras: Atina o camiño
-Busca no texto: un verbo en presente.............. un en pretérito.............. un verbo en infinitivo.................,
un determinante numeral................, unha palabra esdrúxula que sexa un substantivo......................,
un nome propio..................., unha palabra con hiato................ e unha palabra que teña un dígrafo..............
4.BUSCA INFORMACIÓN:
-No ano 1589, o bispo San Clemente agochou os restos do Apóstolo Santiago para que non os roubaran. Investiga de que pirata os protexía............
-O Saúdo dos peregrinos cambiou. Como se saudaban antigamente e cal é o saúdo que intercambian agora?.............
-Escribe un pequeno texto sobre o botafumeiro ( 4 liñas como máximo) Que é e para que se empregaba?....................
-Como se chama o diploma que acredita que fixeches o Camiño de Santiago?.............
Cantos quilómetros tes que percorrer para que cho dean?..........
- En España hai ata 14 camiños de Santiago (rutas). Enumera 5 .................................
Cal é o máis coñecido e transitado? ...........