Section outline

  • Le con atención:

    Todo o que existe no universo está composto por materiaA materia clasifícase en substancias puras e mesturas.

    Que son as substancias puras?

    As Substancias puras  son substancias que están formadas por un único tipo de materia. 

    O diamante, o sal, o ferro, a auga son substancias puras.

    substancias puras

    Que son as mesturas?

    As mesturas son unha combinación de dúas ou máis substancias puras diferentes que conservan as propiedades dos materias que as forman. Poden ser:

    1 Mesturas homoxéneas. Nas que non se distinguen os compoñentes a simple vista. Por exemplo a auga de mar, o leite con colacao cando o remexes ben, a auga con azucre, un crema de verduras ben triturada.

    sal

    2 Mesturas heteroxéneas. Son mesturas nas que se poden diferenciar os compoñentes a simple vista: auga e aceite, leite con chocapics, unha macedonia.

    O granito é unha mestura heteroxénea. está formado por tres minerais que se distinguen a simple vista

    Mira o seguinte vídeo para entendelo mellor:

    ACTIVIDADES

    1 Copia no caderno e indica se é Verdadeiro (V)ou Falso (F):

    ___Nas substancias puras distínguense os compoñentes.

    ___Nas mesturas heteroxéneas os compoñentes distínguense a simple vista.

    ___A auga de mar é unha substancia pura.

    ___Ao mesturar dúas ou máis substancias puras obtense unha mestura.

    ___Se mesturamos calquera líquido con auga obtemos unha mestura homoxénea.

    2 Nomea un exemplo de mestura homoxénea dun sólido e un líquido.

    3 Belén comprou para o comedor un bote grande de salsa maionesa para acompañar unha ensaladilla. Que tipo de substancia dirías que é?.... Porque....

    4 Como clasificarías estas substancias: mesturas homoxénea ou  heteroxéneas:

    puras/homoxeneas1

    5 INVESTIGA Escolle 3 alimentos/condimentos en po que teñas na cociña da casa, como... (podes escoller outros)

    fariña

    colacao

    canela

    Mestúraos con auga, que sucede? Fai un breve informe sobre os resultados.

    Se  mesturas os tres, sen auga, que observas?