O PARCHÍS DA EXPRESIÓN CORPORAL
Section outline
-
A Expresión Corporal busca o desenvolvemento da imaxinación, o pracer do xogo, a improvisación, a espontaneidade e a creatividade. Por todo elo, e dada a rutina que temos que levar estes días, este xogo pode ser unha boa forma de que toda a familia desconecte un pouco.
Normas do xogo:
O xogo segue a mesma dinámica ca do parchís tradicional. A única diferenza é que en cada unha das casiñas nas que aparece unha imaxe deberase pasar unha proba de Expresión Corporal.
O resto de participantes deberán prestar moita atención á proba pois a persoa que primeiro descubra o que está interpretando (previamente anotado nun papel), poderá avanzar tres casiñas con calquera das pezas que teña no taboleiro.

Adxunto taboleiro e lenda.