20 ao 27 de abril
Section outline
-
ATENCIÓN, PREGUNTA: De que están feitas todas as cousas que nos rodean?
Ao noso arredor hai moitos obxectos de distintas formas e cores, como as árbores, xoguetes, ordenadores, etc. Todos están formados por materia.Nalgúns casos non se pode ver esta materia como pasa por exemplo co aire que nos rodea. Claro que a luz e o sonido non son materia, non se poden tocar nin forman parte dos obxectos, son tipos de enerxía.
CONTESTA ESTAS ACTIVIDADES NO CADERNO OU A TRAVÉS DUN PROCESADOR DE TEXTO (docx, drive doc, odt...) e envía para revisión. Son 10 preguntas, distribúe a tarefa en 3/4 sesións de 40 minutos aprox.
salialvarezcarnero@gmail.com ou vistah10@gmail.com
Para responder ás preguntas, deberás realizar unha lectura comprensiva das Páxinas 86 e 87 do libro de ciencias. Podes descargalas no arquivo adxunto
A materia e as súas propiedades xerais: masa e volume 1. Que é a materia? (páx. 86 e 87 do libro, vai adxunto a estas actividades)
2. Escolle 4 obxectos feitos con materiais distintos e de usos diversos. Todos os obxectos que escolliches teñen masa? ....... , porque.....
3. Se tes unha balanza pésaos e ordénaos de maior a menor peso? Non esquezas a unidade.
4. INVESTIGA: En que se diferencia unha báscula dunha balanza
5. Todos os obxectos teñen volume? ............ , porque...........
6. Se tes unha lata de refresco e a deformas, cambiará a masa?, cambiará o volume?
7.
Seguro que non tes probetas na casa, pero si vasos medidores, xiringas, xerras,.. Con que medirías...7.a- a dose dun xarope?
7.b- o volume da auga dunha piscina?
7.c- a cantidade de refresco dunha lata?
7.d- a cantidade de xabón que usas para lavar as mans?
Recorda as equivalencias entre as unidades de volumen
1 ml = 1 cm3
1 l = 1 dm3
1 kl = 1 m3
EXPERIMENTA
Só necesitas un vaso medidor e unha báscula
8. Que pasos seguirías para medir o volume dun corpo pequeno, por exemplo un colgante, unha canica, unha figuriña pequena... (Busca a información na páx. 87 do libro)
9. Se queres saber cal é a masa do leite, zume... que contén un cartón/brick/botella que temos na neveira, que farías para descubrilo? (Explica o método da dobre pesada)
Podes enviar as fotos dos teus experimentos, debuxos, un vídeo.