Coplas dos Maios
Section outline
-
Debido á situación excepcional que estamos a vivir, este primeiro domingo do mes de maio, non se van poder celebrar os MAIOS. No seguinte vídeo explícannos de xeito claro en que consiste esta festa tradicional de Ourense.
Esta actividade é interdisciplinar con Música.
1.- DESPOIS DE VER O VÍDEO CONTESTA:
-Cal é a orixe dos maios e que se celebra?
-Cando se celebran?
-En que lugar da cidade de Ourense se expoñen?
-Que dúas actividades se realizan?
Festa dos Maios en Vistahermosa 2018: Neste enlace podes atopar información a estas preguntas
2.- INVESTIGA. Que tipos de Maios hai?
-Escribe os pasos para a construción dun Maio: material e elaboración.
3.- OPCIONAL: Constrúe un Maio artístico con material que teñas pola casa e manda unha foto

Maios 2018. Grupo de alumnos/as de Vistahermosa
COPLAS
Xa chegou o maio
de flores fermosas,
o maio florido
Chegou a Vistahermosa.Chegou a Vistahermosa
e alegres cantamos,
música das coplas
para acompañalo.4.- LITERATURA. Tipo de texto literario: ...............................
-Nº de estrofas ..................... Nº de versos ...................... Mide os versos ..................... Lembra facer as sinalefas.
-Tipo de rima ................................ Que versos riman? ........................
-Di de que tipo de estrofa se trata .....................................(Consulta a páx 49 do libro) Está nos recursos desta actividade.
5 - ESCRIBE COPLAS. Indicacións que debes seguir.
- Estrofas de 4 versos. Rima - a - a
- Intenta ir fiando as copla: o 4º verso da 1ª estrofa, debe repetirse no 1º verso da 2ª estrofa.
- A temática: Deben de contar de forma crítica ou graciosa o que aconteceu este ano. Que non sexan monotemáticas do coronavirus, algo máis pasaría.
Iniciativas: