13 de abril ao 23 de abril
Section outline
-
Preparando o día do libro: 23 de abril Día do libro
Data límite de entrega o 23 de abril.
1. Le o libro online
2. Responde as preguntas. Podedes responder no caderno ou nun procesador de texto (Doc, open office, Drive- doc...)
3. Envia as tarefas por apartados, para facilitar a corrección e o seguimento.
Pica no enlace ou no libro para ler online "Fred Quincalla, o nómade do mar" da escritora Teresa González Costa e Marina Seoane (ilustradora). Ed. Xerais.Temas e valores que traballa o libro:* A procura da identidade propiaFred Quincalla dubida de si mesmo e das súas calidades ata que coincide con outros seres semellantes a el que lle permiten valorar o que tiña de diferente e de único.* A aceptación do diferenteA posta en valor do que non encaixa exactamente nos moldes dunha sociedade dada.* A persistencia da esperanzaExpresada a través dos azos que dá a balea a Fred Quincalla cando este xa semellara perder toda esperanza de atopar o seu lugar no mundo.ACTIVIDADESVOCABULARIO E GRAMÁTICA
- Escribe unha frase ou un parágrafo no que apareza un substantivo, un adxectivo, un verbo un adverbio e unha preposición que describa a un dos personaxes da historia.
- Fai unha análise morfolóxica dunha das frases que escribiches na actividade anterior (subst. Artigo... xº, nº, verbo, persoa, nº, tempo e modo)
- Na novela aparecen nomes de animais acuáticos. Nomea algún.
- Barco, pesca, son palabras primitivas, Forma familias léxicas-comparten o lexema- (páx. 127 do libro)
- Localiza na historia 5 verbos conxugados regulares e 5 verbos irregulares e analízaos. Persoa, sing/pl, tempo, modo, verbo, conxugación.
ORTOGRAFÍA
- As seguintes palabras que aparecen no libro escríbense con b/v Revisa as normas de ortografía e explica a regra que seguen. Engade 3 palabras máis a cada lista. (Revisa a páx. 130 e 131 do libro)
Pensativa, fuxitivo, novo
Deixaba, chamaban, baixaba
Obxecto, observando
Palabras, brazos,
Buscan, burbullas, buguina.
LITERATURA
- Que clase de texto narrativo cres que é? Por que? Consulta a páx. 85 do libro de lingua
- Onde ocorre a historia?
- En que persoa está narrada?
- Que personaxes interveñen? Principais, secundarios, reais, imaxinarios. Consulta a páx. 117 libro de lingua
- Na páxina 62 aparece o poema que o capitán do barco pirata dedica a Fred Quincalla cando se ve na obriga de botalo do barco por medo a un motín da tripulación. Constrúe un poema similar, de oito versos, destacando o bo carácter de Fred Quicalla e como o recibirías ti na túa casa.
- Por que os piratas non aceptan a Fred Quincalla?
- Por que ao gato que habitaba no barco pirata só lle quedaban tres vidas?
- Se tiveses que caracterizar con só dúas palabras tanto aos habitantes de Mecánica como de Astetik. Que palabras usarías?
Pica no enlace ->FICHA INTERACTIVA DE COMPRENSIÓN LECTORA: