Poemas para compartir
Section outline
-
POEMAS DIVERTIDOS
ADAPTACIÓN AO GALEGO DO POEMA DE CARMEN GIL.
Coeducación: El trajín de la bruja Pandora e Poemitas divertidos
ACTIVIDADES
Escribe unha estrofa continuando o poema cunha tarefa nova que esteas facendo agora nestes días de confinamento
Grava a estrofa que inventache e envía o arquivo de son a través desta formulario
É esta bruxa simpática
un gran ás da bruxaría,
e ademais é catedrática
de maxia e feitizaría
Ten a nosa bruxa sen par
un prestixio tremebundo.
Véñena a consultar
os bruxos de medio mundo.Entre esconxuro e poción,
Volve a casa en media hora
limpa o po do salón
e tende a lavadora.Entre feitizo e sortilexio,
zurce un camisón morado,
leva ao bruxiño ao colexio,
compra no súper do lado.Cánsase moito a pobre
Comeza a xornada ás sete
Ten sempre unha quenda dobre
Acaba ata o cornete!-Acabouse este non parar.
Xa non me queda alento.
O traballo do fogar
faise ao cincuenta por cento.Así que, desde hai un mes,
a tarefa é compartida.
Se se fai entre todos, é
moito menos aburrida.