Aritmética poética
Section outline
-
POEMAS CON PROBLEMAS
- Aquí che deixamos uns problemiñas de mates escritos en verso. Fai unha lectura comprensiva e trata de resolvelos. Non te rindas, podes ir resolvéndoos polo método de ensaio-erro.
Fai as operacións e envíanos os resultados a traves do Bloque: Respostas aos problemas, indicando o teu nome e curso.
NIVEL DIFICULTADE I
Por un camiñiño
vai camiñando un bichiño
e xa deu oito pasiños.
Entre pegada e pegada mido:
en centímetros, trinta e cinco.
Dime cal foi o seu percorrido?

NIVEL DIFICULTADE II
Robertiño, que é o meu veciño,
é pequeno coma un gran de millo.
O seu pai, que se chama Antón,
mide o triple porque é moi grandullón.
Se o pai mide 1´95 m, canto é o que mide o fillo?
NIVEL DIFICULTADE III
Fun á libraría
a comprar algúns libros de poesía.
Díxome o libreiro,
que é un home moi chusqueiro:
“Se acertas cantos son
os libros desta colección,
douche un máis de promoción”
Pregunteille cal era o acertixo
e isto foi o que me dixo:
“Réstalle 3 á metade deses exemplares
e resulta o primeiro dos números pares”.
Cavilei e resolvín e aquel agasallo foi para min.
Se queres compartir as respostas ou pedir pistas, faino a traves de vistah10@gmail.com