Xogos de palabras
Section outline
-
TRABALINGUAS
- Le os trabalinguas o máis axiña posible sen mesturar as palabras

1- Catro bois e catro vacas soben carro costa arriba;
non hai home nesta terra que catro veces o diga… (ata dicir catro veces).
________________________________________________
2. Unha poldra parda petra trouxo un poldro pardo petro;
dixo a poldra parda petra ao poldro pardo petro:
-Trepa pouco, poldro pardo petro, trepa pouco.
________________________________________________
3. ¿Ten tinta, Antón? Tinta Antón ten.
________________________________________________
4. Por detrás daquel toxo vai un pito coxo.
Corre, pito coxo, pito coxo, corre.
_______________________________________________
5. Se as miñas guedellas se me enguedellaron,
enguedelladas non deben de estar.
Desenguedelládemas, desenguedelládemas,
se as podedes desenguedellar.
Actividades
- Trata de aprender algún trabalinguas de memoria
Máis trabalinguas en https://orellapendella.gal/category/trabalinguas/
ADIVIÑAS
Que cousa cousiña é...?
I
Moitas monxiñas
no seu convento
visitan flores
e fan doce dentro
II
Unha saba branca
sen algodón
que cobre a terra toda
e o río non.
III
Ten pico, non é paxariño.
Cose-cose, non é fío.
Pica que pica no liño,
Na cabeza mete o fío.
IV
A miña amiga e máis eu
andamos a un compás,
coas pernas cara adiante
e os ollos para atrás.
Actividade:
- Crea unha adiviña a partir destas imaxes.

VERSOS ACRÓSTICOS
ACRÓSTICOS son composicións poéticas nas que as iniciais de cada verso forman unha palabra ou frase.
Graciosa é ela coa xente
Ledos os seus poemas
Ollos negros e xigantes
Riseira e graciosas sempre
Incrible imaxinación e mente.
Adora as bolboretas…
Actividade:
- Escribe un acróstico partindo dunha palabra da túa elección
Espazo para compartir: vistah10@gmail.com