18 ao 25 de maio
Section outline
-
QUE É A ELECTRICIDADE
O término electricidade procede do grego ήλεκτρον (elektron), que significa ámbar. Tales de Mileto (600 A.C.) descubriu que, ao fretar unha vara de ámbar cun pano, a vara podía atraer obxectos lixeiros como cabelos, plumas... A variña electrizárase. Hoxe en día sabemos que este fenómeno débese á electricidade estática; é dicir, á acumulación dun exceso de carga eléctrica nunha zona con pouca conductividade eléctrica (un illante).
Un pouquiño de historia: Antes do ano 1800 iluminábanse os fogares con lume, lámpadas de aceite, candeas. Moito progresamos desde entón.
Mira o seguinte vídeo para coñecer os precursores da electricidade, aos que lle agradecemos todas as comodidades das que desfrutamos hoxe en día:
Na actualidade non se concibe a vida sen electricidade.
Pero que é a electricidade
Fai unha lectura comprensiva da páxina 97 do libro de ciencias.
A electricidade é unha forma de enerxía que pode producir luz, calor, movemento...
Antes de continuar, debes saber que toda a materia está formada por átomos e, estes a súa vez conteñen electróns, unha partícula que transporta a carga eléctrica. A corrente eléctrica é o movemento dos electróns a través dun material. A corrente eléctrica asóciase coa enerxía eléctrica que utilizan os aparatos eléctricos como a play, unha lavadora, un secador, un ordenador... para funcionar.

Con este vídeo entenderás mellor a electricidade estática
TAREFA despois de ver os vídeos e ler a páxina :
1 Copia o esquema no caderno.
2. Responde a este Quiz sobre a Electricidade e envíao para revisión. Fai clic no enlace-> QUIZ ELECTRICIDADE
EXPERIMENTOS COA ELECTRICIDADE ESTÁTÁTICA
3. Escolle algún esperimento que poidas facer na túa casa e manda unha foto coa explicación científica do que sucede.
Electricidade por fretamento. Uns materiais teñen facilidade para perder electróns e outros para gañalos, adquirindo carga eléctrica. A carga queda acumulada na materia ata que lla pasa a outro obxecto.

Pódese empregar unha botella de plástico baleira, un globo, un boli bic sen carga...
-Se inflas un globo e o fretas sobre un xersei de la ou sobre o pelo, os dous corpos cargaranse de enerxía estática.. Achega o globo a outros obxectos. Papeis pequenos, quedarán atraídos ao globo. Se o achegas ao pelo, este levantarase e quedará pegado ao globo. E incluso se o achegas a unha lata de refresco, esta empezará a rodar achegándose ao globo. Ao mellor tes que volver a fretalo varias veces!
-Achega o globo despois de fretalo coa lá ou co pelo a un chorriño de auga do grifo, que ocorre? A que é debido?
Máis EXPERIMENTOS PARA ENTENDER A ELECTRICIDADE ESTÁTICA
EXTRA: Constrúe un circuíto eléctrico.
Un circuíto eléctrico é un conxunto de elementos que permiten xerar, dsitribuír e aproveitar a enerxía da corrente eléctrica. O máis sinxelo consta de: cables condutores, pila, interruptor e unha lámpada conectados entre si.
Faino ti mesmo/a-Necesitas: Cables condutores, chinchetas, un clip, lámpada pequena , portalámpada, pila de petaca.Tamén hai kits de electricidade nos "Todo a Cen" nos Bazares Chinos.
1º O primeiro paso é o deseño do circuíto
2º Pela os extremos dos cables cunha tesoira, alicates, Fai esta tarefa con supervisión dun adulto.
3º E logo fai as conexións, podes empregar cinta illante para mantelos unidos.

Foto do alumnado de 5º do curso pasado. Sinto perderme, en directo, as vosas caras de felicidade!