Section outline

  • Continuamos estudando a materia. Apartado 3 e 4 do voso libro de ciencias da natureza. Fai unha lectura comprensiva.

    A MATERIA PODE PRESENTARSE EN TRES ESTADOS

    Materia sólida. Ten forma e volume fixos.

    Materia líquida. Non ten forma fixa pero SI volume propio. A a súa forma adáptase á do recipiente que a contén.

    Materia gasosa. Non ten nin forma nin volume fixos, adopta a forma e o volume do recipiente que a contén.  Pode expandirse (ocupar todo o espazo) ou comprimirse. 

    Visualiza este vídeo e  entenderás mellor os conceptos dos estados da materia.

    CONTESTA, non fai falta contestar a todo, podedes contestar oralmente. 

    • Escolle 1 obxecto en estado sólido, que características ten?............................. 
    • Nomea 3 tipos de materia que teñas pola casa en estado líquido: ..............................
      Poden cambiar de forma? ........
    • O aire que respiramos é un gas, non vemos, pero ocupa todo o espazo da habitación. Pon 2 exemplos de materia en estado gasoso: ..............., ..............

    INVESTIGA: Existe un tipo de materia que podemos atopar na natureza nos tres estados. Sabes cal é? ...................... Pódese atopar en estado líquido no/a .................................... en estado sólido no ................................. e en estado gasoso no ..........................

    Hai substancias como a auga que pasan dun estado a outro por un cambio de temperatura.

    Fíxate nestes 4 cambios de estado da auga:  a Fusión, a solidificación, a vaporización e a condensación.

    cambios de estado

    • Fai un esquema no teu caderno dos cambios de estado da auga, En cada cambio de estado, aumenta ou diminúe a temperatura.

    EXPERIMENTA. Escolle algún destes experimentos e xoga cos cambios de estado.

    -Comproba as propiedades da materia gasosa. Os gases poden comprimirse. Infla un un globo, ou colle aire cunha xiringa. Apreta o globo, que ocorre?. Coa xiringa, sube o émbolo e éncheo de aire, pon o dedo na punta da xiringa e presiona o émbolo. Que estás demostrando? 

    -Colle auga do frigorífico ben fría, e bótaa nun vaso, verás que por fóra do vaso aparecen gotiñas de auga. Saberías dicir que cambio de estado está tendo lugar? No aire tamén hai vapor de auga non si?

    Como facer chover Está en inglés, pero son moi visuais. Está a demostrar a Vaporización, a fusión, a condensación da auga,