Section outline

  • Preguntástesvos de onde provén o queixo?  Imos desenvolver un proxecto que afonde no coñecemento da gandaría, do leite e derivados.

    TRABALLO DE INVESTIGACIÓN. PROXECTO TIC

    Investiga sobre a vaca e a transformación do leite. 

    Contesta estas preguntas no caderno. Dosifica o traballo durante a semana. 

    Día 1. Descubrimos un animal: a vaca

    - Que tipo de animal é a vaca? Cales son as súas características:partes do corpo, alimentación,  reprodución...?

    - Busca no dicionario e escribe no caderno a definición de: gandaría, bovino,  ruminante.

    - Onde e como se crían as vacas? Que traballos realiza o gandeiro para crialas?

    - A que tipo de gandaría corresponde a cría de vacas?

    contos infantiís

    Día 2. O leite como alimento

      - Cal é a orixe do leite?

      - Que nutrientes contén? Que beneficios ten para a saúde? Ten algún prexuizo?

      - Cantas porcións de leite debemos tomar  cada día? (Consulta o libro no tema dos alimentos)

      - Que outros aimentos se obteñen a partir do leite?

    derivados do queixo

      Día 3. Coñecemos un proceso produtivo: a elaboración do  queixo.

      - Que é o queixo? Busca a lenda da súa orixe.

      - Cal é o ingrediente principal que se necesita para elaborar o queixo?

      - Como é o proceso de elaboración do queixo?

      - Como se conserva e envasa o queixo para a súa comercialización.

    Día 4. NA COCIÑA- Escribe e elabora unha receita con lácteos. 

    Receita de .....................

    Ingredientes:

    Elaboración:

    EXEMPLOS DE RECEITAS DE DOCES LÁCTEOS

    PEQUERECETAS

    Podes enviar os traballos para seguimento a vistah10@gmail.com

    Proxecto TIC. edubook.vicensvives