Section outline

  • ATENCIÓN, PREGUNTA:  De que están feitas todas as cousas que nos rodean?

    LE CON ATENCIÓN O APARTADO 1 A MATERIA e 4  OS MATERIAIS DA UNIDADE 6 DO LIBRO DE CIENCIAS.

    Contesta estas actividades no caderno ou nun procesador de texto no ordenador

    Hai 9 actividades, dosifica, non se trata de facelas todas ás présas  nun día. Fai 3 cada día e envíaos para corrección.

    vistah10@gmail.com

    Comezamos cun vídeo de Happy Learning: A MATERIA, está en castelán pero vós debedes contestar en galego. Somos bilingües, non si?

    RECORDA!

    Todo o que nos rodea, coma o mar, as rochas e o aire está formado por materia. Tamén son materia os obxectos que fabricamos, como os xoguetes, os mobles, un libro ou un ordenador. 

    Todas estas cousas teñen diferentes aspectos e propiedades, porque están feitas con diferentes tipos de materia.

    Cada substancia que se emprega para fabricar obxectos é un material.

    - Os materiais naturais poden ser de orixe natural, vexetal e mineral. Granito, madeira, la, algodón, area, petróleo

    - Os materiais artificiais non se atopan na natureza, senón que os fabrica o ser humano: Unha mesa, un teléfono, unha prenda de roupa, un coche, un lapis.

    PROPIEDADES DA MATERIA

    -Propiedades xerais 

    • A masa. É a cantidade de materia que ten o corpo. Mídese coa balanza en quilogramos (kg) e en gramos (g).

    • O volume. É a cantidade de espazo que ocupa a materia. Mídese con vasos medidores en litros (L) e mililitros (mL). 

    -Propiedades específicas que nos permiten diferenciar un tipo de materia de outra: A cor, a dureza, o brillo, o sabor, o olor, a opacidade (se deixa ou non pasar a luz), a fraxilidade, se é illante ou condutor térmico...

    ACTIVIDADES

    1.  Colle na casa 5 obxectos, feitos con diferentes materiais e de usos diversos.

      Debúxaos. Di de que material están feitos (madeira, arxila, papel, tela, area) e  que usos teñen?

    2. Cres que son importantes as propiedades da materia á hora de fabricar novos obxectos e darlle un uso? ..... Pon un exemplo: (Por que se usa o vidro para as ventás, a la para facer un xersei,o plástico para os xoguetes...)

    3. Todos os obxectos que escolliches teñen masa?  Se tes unha balanza pésaos e di canto pesan coa unidade axeitada. Se non a tes ordénaos de maior a menor  peso  aproximademente.

    4. Todos os obxectos teñen volume? ............  Cal ten maior volume? ........ Que medidor empregaches para medir as cantidades da receita do proxecto dos lácteos?

    5. No apartado 4 do teu libro aparece o proceso de fabricación do papel. Le os pasos para transformar a madeira en papel.

    VÍDEO: De onde ven o papel? Está en portugués. Vai ser que somos trilingües

    6. Despois de ver o vídeo...Que materiais utilizas ti na túa vida diaria que sexan derivados da celulosa da madeira. Enumera polo menos 4.

    7.  Engade dous materiais artificiais que se fagan a partir dos seguintes materiais naturais:

    MADEIRA:

    PETRÓLEO:

    ALGODÓN, LA:

    AUGA: 

    AREA:

    SAL: 

    8. Investiga de onde se obtén a seda. Describe os vermes, vertebrados/invertebrados de que se alimentan, a metamorfose, a bolboreta, a posta de ovos. 

    o verme de seda

    9. Explica de xeito breve o proceso da obtención da seda. É un material natural ou artificial?

    proceso vital verme seda