Section outline

  • O CICLO DA AUGA

    LE CON ATENCIÓN O APARTADO 2 DESCUBRO... O CICLO DA AUGA DA UNIDADE 6 DO LIBRO DE CIENCIAS.

    1.VÍDEO  Mira con atención o vídeo sobre  o ciclo da auga.

    ACTIVIDADES PARA DESPOIS DO VÍDEO:

    2-Pon exemplos da auga nos seus tres estados que aparezan no vídeo: ..................................... 

    3-Como se aproveita a auga das precipitacións? ........................

    4-Ordena as distintas etapas do ciclo natural da auga.

    ciclo da auga web do mestre

    _A auga do mar evapórase coa calor do Sol.

    _A auga subterránea e os ríos van parar ao mar, e o ciclo da auga volve comezar.

    _A auga subterránea sae ao exterior polas fontes ou extráese por medio de pozos.

    _Coa auga da chuvia e do desxeo da neve fórmanse os ríos e as correntes de auga subterránea.

    _O vapor de auga condénsanse na atmosfera e forma as nubes.

    _O vento empurra as nubes cara ao solo. O vapor de auga das nubes, cando atopa una capa fría, condénsase e cae á superficie da Terra en forma de chuvia, neve ou sarabia.

    5- EXPERIMENTA: CICLO DA AUGA NUNHA BOTELLA:

    plantaNecesitas:

    Unha botella de cinco litros de auga cortada pola metade, aproveitamos a parte de abaixo  ou un tarro de boca ancha

    Un vasiño ou tapón grandote, do envase do deterxente, dun spray.

    Pedras, area, terra/abono do xardín.

    Plantiña, pode ser unha herba arrancada con raíz

    Procedemento

    1º Na garrafa a modo de maceta, colocamos nesta orde: as pedras, a area e a terra.

    2º Sobre a terra e a un lado, plantas unha plantiña e no outro lado colocas o tapón boca arriba cheo de auga.

    3º Rega e cobre con film transparente. Coloca unha goma ou lazo  ao arredo do film para que non entre o aire.

    4º Déixao na ventá que lle dea o sol.

    OBSERVA O RESULTADO > QUE OCORRE COA AUGA DO TAPÓN? > CONCLUSIÓNS.