Section outline

  • CCNN- Unidade 4  OS ANIMAIS

    Dedica 40 min de traballo 3 días á semana

    LECTURA diaria: 20 minutos aprox. En diferentes formatos: libro de texto, internet, libros de animais, xogos, ver documentais…

    ACTIVIDADES ESCRITAS: 20 minutos aprox.

    1ª semana

    Escribe no caderno  fichas de diferentes animais empregando o vocabulario seguinte:

    https://www.google.com/search?q=vacaloura&rlz=1C1GCEA_enES752ES752&sxsrf=ALeKk03eAM7MZlwLZyubI4nkZaNze_4CJQ:1584291363075&tbm=isch&source=iu&ictx=1&fir=bY35zaSfgUawmM%253A%252CXto-qYfIJLzCBM%252C%252Fm%252F0273gq0&vet=1&usg=AI4_-kRDkswk1K7DJ3uwC2hUKztNdIr55A&sa=X&ved=2ahUKEwidsqqf-ZzoAhWP2hQKHd-vARMQ_B0wEXoECAoQAw#imgrc=tSMTuusdD-5DaM&imgdii=ZkrKmaK4GDsXUMCon/sen esqueleto: Animais vertebrados, invertebrados,

    Alimentación: Herbívoros, carnívoros, omnívoros

    Reprodución: Ovíparos ou vivíparos

    Onde viven e como se desprazan

    Animais domésticos e salvaxes

    •  Fai unha ficha para cada animal 

    • Debuxa o animal e escribe a información que teñas sobre el.

    • Elixe animais de diferentes grupos, escolle tamén animais da zona  (xabarín, lince, lontras, raposo, vacaloura, píntega...)

    2ª semana 

    adiviñaReto de ciencias:

    1- Ordena as letras e descubrirás distintos animais.

    A actividade complícase. Fai unha táboa onde terás que clasficalos segundo teñan ou non esqueletoalimentaciónreprodución, se é doméstico ou salvaxe

    Trátase de activar a mente para descubrir os animais ocultos e de buscar información se non sabedes contestar a algún dos apartados. Ás veces hai que buscar información específica... se dubidades, buscade! 

    Ollo! A imaxe pode confundir, non hai ningún deses animais ;p)

    1 barca        2 cordon 3 musade 4 bote albor    5 mi grafo     6 tu a tragar
    7 paveas 8 pilotean   9 Dora pelo    10 Comas 11 Trapean  12 Grite

    Podedes debuxar a táboa no voso caderno ou descargar esta      FICHA ANIMAIS EN DRIVE

    ________________________________________________________________________________________

    autoavaliación

    TEST AUTOAVALIACIÓN: OS ANIMAIS - 3º EP

    Valora os teus logros sen estrés, nin agobios... Podes contestar todas as veces que queiras.