14 de Abril - 24 de abril
Section outline
-
Xa está aquí a primavera! E aínda que non podemos saír e desfrutar dos parques, da natureza en vivo e en directo, do canto dos paxaros... eu propóñovos entrar a través da música.
- Intenta escribir un conto inspirándote neste vídeo.
"Despois dun longo inverno, renace a primavera, chea de cor. As flores, as bolboretas, os paxaros enchen todo de cor e fermosos sons.
De repente preséntase unha tormenta e hai que buscar refuxio.
Remata a tormenta volve a calma, é un bo momento para durmir unha siesta."
- Escoita A Orquestra filarmónica de J.L.Moreno interpretando "A Primavera, As Catro Estacións" de Antonio Vivaldi baixo a dirección de Tulio Gagliardo
A orquestra sinfónica é unha agrupación instrumental formada por máis de 80 músicos. Os instrumentos agrúpanse en familias: corda, vento madeira, vento metal e ao fondo os de percusión. Colócanse segundo a súa sonoridade. Ao fronte e de espaldas ao públic está o director/a. Na man dereita ten unha BATUTA coa que marca o tempo e o compás e coa esquerda dá a entrada aos instrumentos, marca os matices de intensidade (se hai que tocar forte, piano, crescendo...)
ACTIVIDADES de diferentes niveis de dificultade. Para contestar no caderno ou nun procesador de texto (docx, odt...)
NIVEL I
1-Sinestesia Musical: Escoitade "As catro estacións" de Vivaldi e debuxa o que che suxira a música.
2- Antonio Vivaldi tiña por alcume "O Cura Vermello", sabes por que? Busca esa información en Internet e escribe unha pequena biografía de 5 a 10 liñas. Ilustra a biografía cun retrato feito por ti.
3- Cales son as súas obras máis coñecidas? Podes incluír esta información na biografía do exercicio 1.
4- Visualiza o vídeo anterior e trata de recoñecer os instrumentos da orquestra, fíxate como están colocados, Cales son as familias nas que se agrupan os instrumentos da orquestra? Adxunto a teoría e linguaxe musical.
Forte, <f> e Piano <p> (suave) son dous matices de intensidade. Escoita como se interpretan:
5- Xoga interactivo dos instrumentos da orquestra: Pica Aquí Comeza colocando os de corda fretada de máis agudo a máis grave.
NIVEL II
6- Interpreta coa frauta a Melodía: partitura: https://musicatierrasberlang.wixsite.com/primavera
7. Linguaxe musical: FICHA INTERACTIVA A PRIMAVERA DE VIVALDI