Section outline

    • A enerxía é esencial para a vida porque é a causa de que ocorran todos os cambios que se producen ao noso redor.

      Enerxía é todo o que produce cambios na materia

      Tras ver o vídeo, comentamos o contido, revisamos os aspectos principais e preparedes un mural por grupos que deberedes expoñer ao resto da clase. O mural deberá contestar ás seguintes preguntas:

      • O concepto de enerxía. Que é a enerxía?
      • Propiedades da enerxía.
      • Cales son as diferentes formas nas que se manifesta a enerxía?
      • De onde obtemos a enerxía? Fontes de enerxía renovables e non renovables
      • Vantaxes e desvantaxes dos distintos tipos de enerxía.
      • Propor estratexias para reducir o noso consumo doméstico de enerxía.