Section outline

  • Imos facer un “robot” que se move pola vibración dun motor.

    Aprenderemos a facer as conexións dun circuíto eléctrico, a soldar e a deseñar de xeito creativo un sinxelo robot.

    PRECISAMOS:

    - Material reciclable: Un vaso ou unha caixa,  de plástico consistente para o corpo.

    - 1 Pila AA de 1,5v

    - Rotuladores para as patas.

    - Cinta de pintor

    - Barras de pegamento termofusible

    - Motores, interruptores e cable condutor

    - Soldador, motores, interruptores.

    - Atrezo: Limpiapipas, paus depresores, papel de cores, palillos, lá...