Control do mBot coa app mBlock
Section outline
-
Control do mBot coa app mBlock
Neste novo Tema, programaredes coa tablet. Iredes pasando niveis e iránsevos abrindo novos comandos. Trátase de ler as instrucións que vos vai dando o programa e ir pasando ao seguinte nivel.Ao final da clase teredes que aplicar o aprendido, presentando un miniproxecto aos outros grupos.
PASOS A SEGUIR:
- Organizar grupos de 3 persoas.
- Establece a conexión entre o robot e a tablet, basta con achegar o dispositivo ao mBot. Probade se hai interferencias co bluetooth entre as tablets e os robots.
- Accedede ao titorial (Historia), e ide superando os desafíos que se van presentando. Irédesvos familiarizando cos comandos que controlan o robot.
- Pasade os dous primeiros niveis.
- Picade agora na opción CREAR
- Cada grupo programará o mBot empregando o código desexado cos bloques traballados.
- Executar o programa empregando a conexión por bluetooth.
Aquí mostramos un exemplo onde se pon de manifesto a capacidade dos rapaces para experimentar e aprender.
mBot bailando A Macarena from Ceip Vistafermosa on Vimeo.
Programando o mBot dende a tablet from Ceip Vistafermosa on Vimeo.
Programando coa app mblock from Ceip Vistafermosa on Vimeo.
No seguinte vídeo os alumnos/as demostran as súas habilidades artísticas, creativas e imaxinativas. As disciplinas STEM compleméntanse necesariamente coa arte e coa creatividade (STEAM).
Fomentando as vocacións "STEAM" from Ceip Vistafermosa on Vimeo.