2. NEVE ARTIFICIAL

Xa que estamos en inverno e a borrasca Filomena non deixou neve por esta zona, decidimos fabricar a nosa propia neve na biblioteca.

Paisaxe nevado

 Como facer neve artificial?

  Necesitamos soamente 2 ingredientes: BICARBONATO  DE  SODIO  e  AUGA.

  Nun prato mestura 2 culleradas de bicarbonato sódico e unha de auga e xa podes comezar a xogar!


  Se queres variar as cantidades para conseguir máis neve recorda que sempre tes que botar o DOBRE de bicarbonato que de auga, é dicir MULTIPLICA  POR  DOUS  A  CANTIDADE  DE  AUGA para saber canto BICARBONATO necesitas.

dobre

IMAXES  DA  ELABORACIÓN  DE  NEVE  NA  BIBLIOTECA