CONMEMORACIÓNS
| Sitio: | Aula Virtual |
| Curso: | BIBLIOTECA PRIMARIA |
| Libro: | CONMEMORACIÓNS |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | mércores, 28 de xaneiro de 2026, 9:15 PM |
1. FELICITACIÓN DE NADAL
Cos nosos mellores desexos para estas festas tan atípicas e desexando que o próximo ano poidamos olvidarnos desta pandemia, o Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; elaboramos unha felicitación coa panxoliña CHEGOU O NADAL de Iván Vale.
2. DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN
A autora e ilustradora Estefanía Padullés estivo no centro falándonos do seu traballo como ilustradora e da diferencia entre debuxo e ilustración, sabes cal é esta diferenza?

Pois a principal diferenza é que a ilustración acompaña a un texto ao que precisamente como di o seu nome, ilustra; mentres que o debuxo non.
No seguinte enlace podedes ver as ilustracións que fixeron os nenos e nenas de Primaria para o lema de Gandhi
"Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"
Despois reflexionaron sobre o Premio Nobel da Paz, que é? quen o merece?
E
fixeron unhas ilustracións entregando o Premio Nobel da Paz a
familiares, amigos, compañeiros... que eles cren que merecerían
recibilo.
