As calidades do son
| Sitio: | Aula Virtual |
| Curso: | Ferramentas tecnolóxicas |
| Libro: | As calidades do son |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | xoves, 20 de novembro de 2025, 9:19 PM |
Descrición
Neste libro traballaremos as calidades do son
1. INTRODUCIÓN
Non todos os sons son iguais por iso podemos distinguir uns sons dos outros.
As calidades do son ás características que nos permiten diferenciar uns sons dos outros.
2. DURACIÓN
A duración é a calidade que nos permite distinguir entre sons curtos e longos.
Para indicar a duración dun son empregamos as figuras.
Se o que queremos indicar é a ausencia de son, empregamos os seus correspondentes silencios.

3. INTENSIDADE
A intensidade é a calidade que nos permite distinguir entre sons febles e fortes.
Para indicar a intensidade utilizamos termos en italiano. Aquí tes os principais:
Se queremos facer un cambio progresivo de intensidade podemos utilizar as palabas crescendo (aumentar intensidade) ou diminuendo (diminuir a intensidade) ou os reguladores.
4. ALTURA
A altura é a calidade do son que nos permite distinguir entre sons graves (que soan abaixo) ou agudos (que soan arriba).
Para indicar a diferente altura do son, utilizamos as notas:
"Pentagrama" by mireia_mim is licensed under CC BY-NC-ND 2.05. TIMBRE
O timbre é a calidade que nos permite distinguir quen produce o son, é dicir, se o son é producido unha voz de persoa, un violín, un piano, un fagot, un timbal...
"Instrumentos musicales de músicos callejeros" by David Yerga is licensed under CC BY-NC 2.0


