◱
i
▤
?
1
PROFESIÓNS DO MUNDO DO CINE
AluCINE Vilaxoán
Libro de actividades sobre as profesión do cine realizado dentro do proxecto de investigación de centro "AluCINE VILAXOÁN" levado a cabo no CEIP Plurilingüe Vilaxoán no curso 2025/2026.
DIRECTOR
Persoa que está ao mando da película e se encarga de dicirlle aos actores a actrices o que teñen que facer.
ACTOR
Persoa que representa un papel masculino nunha película.
ACTRIZ
Persoa que representa nun papel feminino nunha película.
ACTOR DE DOBLAXE
Actores e actrices que poñen a voz nas películas de debuxos animados ou cando se traduce unha película de outro idioma.
ACTOR ESPECIALISTA
Actores e actrices que substitúen aos protagonistas en escenas de accións ou de risco.
CRÍTICO DE CINE
Persoa que tras ver unha película fai comentarios sobre a mesma cualificado a súa calidade e o traballo dos actores e actrices.
PRODUCTO DE CINE
Persoa que pon o diñeiro para poder facer unha película.
ACOMODADOR
Persoa que recolle a entrada e acompaña no cine aos espectadores ata a súa butaca.
TAQUILLEIRO
Persoa que vende as entradas do cine.
OPERADOR DE CÁMARA
Persoa encargada de rodar as escenas dunha película seguindo as indicacións do director.
GUIONISTA DE CINE
Persoa que escribe os diálogos e o argumento dunha película.
CLAQUETISTA
Persoa que marca o inicio da rodaxe dunha escena empregando unha claqueta na que están escritas as características da escena.
EQUIPO DE CASTING
Persoas encargadas de seleccionar aos actores e actrices que van a participar nunha película.
EQUIPO DE MONTAXE
Persoas encargadas de cortar e seleccionar as escenas gravadas para ordenalas na montaxe final da película.
EQUIPO DE FOTO FIXA
Persoas encargadas de facer fotografías para que haxa continuidade entre as escenas dunha película.
EFECTOS ESPECIAIS
Persoas encargadas do deseño e realización dos efectos especiais dunha película (explosións, que os personaxes voen, lumes...).
CARACTERIZACIÓN
Persoas encargadas de maquillar e peitear aos actores e actrices segundo as características dos personaxes que representan.
EQUIPO DE VESTIARIO
Persoas que deseñan e preparan a roupa que van a utilizar os actores e actrices na película.
EQUIPO DE DECORADOS
Persoas responsables do deseño e colocación dos fondos das escenas e outros elementos da película.
OPERADOR DE SON
Persoas encargadas de colocar e suxeitar os micrófonos durante a rodaxe para captar os diálogos e outros son.
ILUMINACIÓN
Persoas encargadas de colocar os focos nunha película para que as escenas teñan a luz necesaria para rodar.