1
DEPORTES DE RAQUETA
Educación Física. CEIP Plurilingüe Vilaxoán
Materia: Educación Física
Temática: Deportes de raqueta
Nivel: 5º e 6º de Educación Primaria
Descrición:Actividades dirixidas a coñecer algúns deportes de raqueta
Obxectivo:Coñecer e identificar distintos deportes de raqueta
Estratexia: Utilización do libro Lim para presentar ao alumnado diversos deportes de raqueta
O libro complétase co Brincaletras do mesmo nome.

  • QUE É?
    O tenis é un deporte no que hai que golpear unha pelota empregando unha raqueta para que pase por riba dunha rede e que bote no campo contrario sen que poida ser devolta polo xogador contrario.

  • XOGADORES
    Pode practicarse individualmente ( un contra un) ou en parellas ( dous contra dous).
    No caso dos partidos por parellas poden ser mixtos nos que cada equipo estará formado por un home e unha muller.

  • O PARTIDO
    O tenis xógase a tres ou cinco sets polo que non ten unha duración fixa.
    O partido será gañado polo xogador que primeiro gañe a metade máis un do número total de sets do partido.

  • A RAQUETA E A PELOTA
    A raqueta debe de ter unha superficie de golpeo plana formada por un armazon de cordas cruzas unidas a un marco e entrelazadas. A cordame ten que ser uniforme.
    A lonxitude total do marco non pode superar os 73,7 centímetros incluíndo o mango.
    A pelota de tenis pesa entre 56 e 59,4 gramos e ten un diámetro de entre 6,54 e 6,86 centímetros, a súa superficie exterior debe ser uniforme e cuberta de tea branca ou amarela.


  • TERREO DE XOGO
    A pista de tenis mide 23,77 metros de longo por 8,23 de ancho (10,97 de ancho nos partidos de dobres). Pode ser de céspede, material sintético, dura ou arxila.
    Sobre a pista están pintadas varias liñas:
    - Nos extremos as liñas de fondo e polos lados as liñas laterais. Na metade la liña de fondo atópase unha marca de 10cm de largo que limita a zona de saque.
    - A liña de saque a 6,40 metros da rede e paralela á mesma. Da súa parte central parte a liña central de servizo que vai cara a rede limitando con estes elementos o cadro de servizo.


  • A REDE
    A rede divide a pista en dúas partes iguais, atópase suspendida por unha corda ou cable a unha altura de 1,07 metros polos extremos e a 0,914 metros na parte central. A parte superior está cuberta por unha banda branca de entre 5 e 6,35 centímetros.

  • SAQUE I
    O punto comeza co saque de un dos xogadores que debe de golpear a pelota por riba da rede para que bote no cadro de servizo que está na diagonal da parte do campo dende a que saca.
    Os xogadores sacarán de maneira alterna en cada xogo.

  • SAQUE II
    En cada punto, o xogador dispón de dúas oportunidades de saque, a segunda no caso de que a pelota non supere a rede ou non entre dentro do cadro de servizo. Se no primeiro saque a pelota toca a rede e bota dentro da zona de servizo o xogador debe repetir o saque.

  • PUNTO
    Tras o saque os xogadores intercambiarán a pelota mediante golpes ata que un deles non a devolva antes de que bote dúas veces ou mande a pelota fóra das liñas do campo. Cando isto sucede o xogador contrario consigue un punto.

  • XOGO
    O gañador de catro puntos consigue un xogo, excepto se ambos xogadores gañaron tres puntos quedando neste caso na situación de "iguais" sendo necesario a partires deste momento gañar dous puntos de forma consecutiva para gañar o xogo.


  • SET
    O primeiro xogador que gaña seis ou sete xogos cunha diferenza mínima de 2 xogos con respecto ao adversario gaña un set. No caso de que non exista esta diferenza realizarase un xogo adicional no set chamado tie-break.



  • SAQUE
    O saque é o golpe máis importante do tenis xa que con el comeza o punto e unha boa execución pode dar vantaxe ao xogador e incluso gañar un punto directo de saque.
    Para efectuar o saque o xogador debe de colocarse lateral á dirección do saque, cos ombros e os pés en liña, lanzar a pelota alta e recta para intentar golpear a pelota no punto máis alto.


  • GOLPE DEREITA
    Este é o golpe máis básico, consiste en golpear a pelota do lado do brazo dominante do xogador, o golpe ten que ser de directo despois de que bote a pelota.
    O impacto coa pelota debe de realizarse entre o ombro e a cadeira mediante un movemento de abaixo cara arriba.
    Tamén e coñecido como drive.

  • GOLPE DE REVÉS
    É o golpe oposto ao drive. Para a súa execución o corpo debe de estar colocado de perfil co ombro baixo apuntando cara a rede. O brazo debe de pasar estendido debaixo do queixo para impactar na pelota de atrás cara adiante sempre diante do corpo.
    O golpe acompañarase co cambio do peso do corpo de atrás a diante.

  • GOLPE DE VOLEA
    No golpe de volea a pelota é golpeada antes de que bote mediante un movemento corto e rápido de arriba a abaixo, acompañado dun paso cara ao fronte.
    Normalmente realízase preto da rede.



  • DEIXADA
    Na deixada, o xogador golpea a pelota intentando que caia preto da rede do contrario realizando no último momento un movemento de pulso para colocar a raqueta perpendicular á pelota. O golpe debe de ser baixo e corto.
    O golpe de resposta á deixada é a contradeixada, como a pelota se atopa preto da rede e moi baixa a mellor forma de devolvela é mediante outra deixada.





  • REMATE E GLOBO
    É un golpe forte realizado sobre a cabeza de maneira similar ao saque normalmente como resposta a un globo. Realízase de arriba cara a baixo antes ou pouco despois do bote da pelota colocando a raqueta detrás da caluga.
    Golpe empregado para pasar a pelota por riba do contrario. A pelota debe golpearse cara arriba.

  • QUE É?
    O bádminton é un deporte que consiste en golpear o volante cunha raqueta para que pase por riba da rede e caia no chan do adversario.

  • XOGADORES
    Pode practicarse individualmente ( un contra un) ou en parellas ( dous contra dous).
    No caso dos partidos por parellas poden ser mixtos nos que cada equipo estará formado por un home e unha muller.

  • O PARTIDO
    O partido dispútase a tres sets de 21 puntos, sendo o gañador do partido o que gañe primeiro dous sets. Cando nun set empátase a 20 puntos, o set non remata ata que un xogador consiga dous puntos de diferenza ata un máximo de 30.

  • RAQUETA VOLANT
    A raqueta de bádminton é moi lixeira e divídese en:
    - Cabeza; é a parte coa que se golpea o volante e normalmente ten forma ovalada.
    -Vara; mide aproximadamente 20 cm e une a cabeza co mango.
    - Mango; é a parte empregada para agarrar a raqueta.

    O volante ten forma cónica aberta, está por dezaseis plumas inseridas nunha base de cortiza cuberto por coiro.

  • A PISTA
    A pista de bádminton mide 13,40 x 5,18 nos partidos individuais e 13,40 x 6,10 nos partidos de dobres. Atópase dividido en dúas partes iguais por unha rede situada a 1,55 metros do chan nos laterais e 1,524 na súa parte central.


  • QUE É?
    Deporte no que se en golpear unha pelota pequena sobre unha pesa empregando unha pala.

  • XOGADORES
    Pode practicarse individualmente ( un contra un) ou en parellas ( dous contra dous).
    No caso dos partidos por parellas poden ser mixtos nos que cada equipo estará formado por un home e unha muller.

  • O PARTIDO
    Os partidos dispútanse ao mellor de calquera número impar de xogos. Un xogador gaña un xogo que primeiro logre 11 puntos, en caso de empate a 10 puntos gañará o xogador que posteriormente logre 2 puntos de diferenza.

  • RAQUETA PELOTA
    A pelota ten un diámetro de 4,00 centímetros, pesa 2,5 gramos, é oca e está feita de celuloide.
    A raqueta normalmente teñen forma ovalada, é de madeira coas caras de goma ( cada cara dunha cor).


  • MESA
    A mesa mide 2,74 x 1,52 e ten unha altura de 76 centímetros. Atópase dividida en dúas partes por unha rede de 15,24 centímetros de altura.



  • QUE É?
    Deporte de raqueta que se xoga en parellas que consiste en golpear unha pelota dun lado ao outro dun campo separados por unha rede para intentar que caia no chan do campo contrario.
    As parellas poden ser do mesmo sexo ou mixtas.

  • O PARTIDO
    A parella que primeiro gaña seis xogos con unha diferencia mínima de dous gaña o set. Os partidos xóganse ao mellor de tres sets.

  • PALA E PELOTA
    A pala de pádel mide un máximo de 45,5 de longo, 26 de ancho e 38 milímetros de grosor. Está perforada por unha serie de buratos de entre 9 e 13 milímetros cada un.
    Na parte inferior debe ter un cordón de suxeición ao pulso.
    A pelota é de goma verde ou amarela que mide entre 6,32 e 6,77 cm de diámetro e pesa entre 56 e 59 gramos.



  • PISTA
    A pista mide 20 x 10 metros, atópase totalmente pechada é dividida pola metade por unha rede de 0,88 metros na parte central e 0,92 metros nos laterais.
    Durante o xogo a pelota pode rebotar nas paredes.