1
DEPORTES DE EQUIPO
Educación Física. CEIP Vilaxoán
Materia: Educación Física
Temática: Deportes de equipo
Nivel: 5º e 6º de Educación Primaria
Descrición:Actividades dirixidas a coñecer algúns deportes de equipo
Obxectivo:Coñecer e identificar distintos deportes de equipo
Estratexia: Utilización do libro Lim para presentar ao alumnado diversos deportes de equipo.
O libro complétase co xogamos "Deportes de equipo" co que o alumnado pode competir de forma lúdica para descubrir quen sabe máis sobre os deportes de equipo. E co Brincaletras do mesmo nome.

  • QUE É?

    O baloncesto é un deporte colectivo no que se enfrontan dous equipo.
    O
    obxectivo é meter o balón na canastra contraria lanzando coas mans e impedir que o adversario enceste.


  • DURACIÓN DO PARTIDO
    Os partidos divídense en catro períodos de 10 minutos cada un que se xogan a tempo real, é dicir, no momento que o balón non está en xogo párase o tempo.
    Entre o primeiro e o segundo período e entre o terceiro e o cuarto hai un descanso de dous minutos e un descanso de 15 minutos entre o segundo e terceiro período.
    No caso de empate xóganse períodos extra de 5 minutos de duración cun descanso entre eles dun minuto.
    Xogaránse tantos períodos extras como sexa necesario ata que un equipo teña máis puntos que o outro ao finalizar un período extra.

  • PUNTOS
    As canastras conseguidas valen:
    - 1 punto se é un lanzamento de tiro libre
    - 2 puntos se o lanzamento é dende dentro da zona de tres puntos.
    - 3 puntos se o lanzamento é dende os restantes lugares do campo.

  • TERREO DE XOGO
    É un rectángulo de 28 metros de largo e 15 metros de ancho no que hai marcadas:
    - As liñas de banda e de fondo que limitan o campo.
    - Unha liña paralela ás liñas de fondo que marca a metade do campo. No seu centro está pintado o círculo central de 3,6 m de diámetro.
    -Unha liña de tiros libres en cada campo a 4,60 M da canastra. Ao redor da liña de tiros libres atópase un círculo de 3,6 metros de diámetro.
    - Unha zona restrinxida en cada campo.
    - Liñas que limitan a zona de canastra de tres puntos. Arco de 6,75 metros medido dende o centro da canastra

  • CANASTRA E BALÓN
    CANASTRA
    No centro das liñas de fondo, atópanse as canastras formadas por un taboleiro de 1,80 x 1,05 metros, un aro de cor laranxa 45 cm de diámetro e unha rede.
    O bordo superior do aro están a 3,05 m do chan.
    BALÓN
    O balón é esférico, de cor laranxa e dividido en oito sectores por liñas negras.
    Está feito de coiro, caucho ou material sintético, ten unha circunferencia entre 74,9 e 78 cm e mide entre 567 e 650 gramos.

  • EQUIPO
    O equipo está formado por un máximo de 12 xogadores dos que só 5 están ao mesmo tempo no terreo de xogo, o resto son suplentes. Ao longo do partido o adestrador pode realizar todos os cambios que queira.
    Segundo a posición no campo atopámonos cos seguintes xogadores:
    -Base; encárgase de subir o balón ata o campo contrario e de dirixir o xogo de ataque.
    -Escolta; habitualmente xoga no perímetro.
    -Alero; xogador con bo tiro e pase interior.
    -Ala- Pívot; a súa área de xogo habitual é o interior da zona.
    -Pívot; xoga principalmente no poste baixo e no interior da zona.

  • INFRACCIÓN I
    As infraccións están penalizadas co saque de fondo ou banda para o equipo contrario dende o punto máis preto a onde se realizou a infracción.

  • INFRACCIÓN II
    Entre as infraccións máis habituais están:
    - Pasos; prodúcese cando un xogador da máis de dous pasos sen botar o balón.
    - Dobres; prodúcese cando un xogador bota o balón coas dúas mans, acompaña o balón cara arriba coa man, cando tras coller o balón despois de botalo volve a botar e cando un xogador salta co balón e non o solta.
    - Campo atrás; prodúcese cando o equipo que ataca volve ao seu campo despois de saír do mesmo.
    - Regra tres segundos; prodúcese no momento que un xogador permanece dentro da zona de ataque máis de tres segundo.
    - Regra dos vinte catro segundos; prodúcese no cando un equipo esgota os vinte catro segundos dos que dispón para tirar a canastra.

  • FALTAS I
    - Persoal; prodúcese cando un xogador contacta de forma ilegal cun xogador do equipo contrario provocando unha desvantaxe ou obtendo un vantaxe tras a mesma.
    - En ataque; prodúcese cando un xogador atacante comete unha falta persoal.
    - Antideportiva; é un falta por contacto brusco. Sanciónase con dous tiros libres e a posesión do balón para o outro equipo.

  • FALTAS II
    - Técnica; prodúcese cando un xogador ou outro compoñente do equipo protesta unha decisión arbitral ou realiza unha acción violenta cando o balón non está en xogo. Se un xogador comete dúas faltas técnicas será expulsado do campo. Sanciónase con dous tiros libres e a posesión do balón para o outro equipo.
    - Descualificante; é calquera acción antideportiva grave. Sanciónase con dous tiros libres e a posesión do balón para o outro equipo.

  • TIROS LIBRES
    Son lanzamentos dende a liña de tiros libres sen oposición dos xogadores contrarios, o lanzador non pode pisar a liña e os defensores non poden entrar na zona antes de que o balón estea no aire.

    As faltas son sancionadas con tiros libres:
    - Cando xogador que recibe a falta estea tirando a canastra. Terá dous tiros libres se o lanzamento é dentro da zona e tres se o lanzamento é na zona de triplas.
    -A partir da cuarta falta cometida en cada período.
    Se no lanzamento que foi sancionado con falta, o balón entra na canastra o xogador só disporá dun tiro libre adicional.

  • EXPULSIÓN
    Cando un xogador comete cinco faltas persoais será exulsado e non poderá seguir xogando.

  • BOTE
    Acción de empurrar o balón contra o chan que retorne á man.

    Hai tres tipos de bote:
    -De control.
    -De protección
    -En velocidade.

  • PASE
    Acción mediante a cal dous xogadores se intercambian o balón.

    Tipos de pase:
    -De peito.
    -Picado
    -Polas costas
    -Por encima da cabeza
    -De man a man
    -...

  • TIRO A CANASTRA
    Acción pola que un xogador intenta introducir o balón dentro do aro.

    Tipos de tiros:
    -En suspensión.
    -Tiro libre.
    -Bandexa
    -Mate
    -Gancho

  • DEFENSA
    Conxunto de accións mediante as que os xogadores dun equipo intentan quitarlle o balón ao outro equipo, evitar o tiro a canastra ou unha entrada.

    T
    ipos de defensa:
    -Individual.
    -En zona
    -Mixta
    -Presión

  • QUE É?

    O balonmán é un deporte colectivo no que se enfrontan dous equipos.

    O obxectivo do xogo é meter o balón na portería contraria lanzándo coa man.

    O gañador do partido é o equipo que ao remate do mesmo metera máis goles.



  • DURACIÓN DO PARTIDO
    Os partidos divídense en dous tempos de 30 minutos cada un con 10 minutos de descanso entre eles.

  • TERREO DE XOGO
    É un rectángulo de 40 metros de largo e 20 metros de ancho no que hai marcadas:
    -As liñas de banda e de portería que limitan o campo polos laterais e polos fondos.
    -Unha liña que marca a metade do campo.
    -Dúas áreas de portería á unha distancia de 6 metros da liña de fondo.
    -Dúas zonas de golpe franco marcadas por unha liña discontinua a 9 metros da liña de fondo.
    -Dúas liñas de penalti a 7 metros da liña de fondo.

  • PORTERÍA
    No centro das liñas de fondo, atópanse as porterías que están fixas ao chan ou á parede.
    Miden pola parte interior 2 metros de alto e 3 de ancho.
    Os seus postes e o longueiro denben estar pintadas en dúas cores que contrasten co fondo.

  • BALÓN
    O balón é esférico e está fabricado en pel ou material sintético.
    Non pode ser brillante nin escorregadizo.
    O tamaño e o peso do balón é diferente segundo a categoría dos xogadores, sendo a circunferencia máxima de 58 - 60 cm e o máximo peso de 425 - 475 gramos.

  • EQUIPO
    O equipo está formado por un máximo de 14 xogadores dos que só 7 están ao mesmo tempo no terreo de xogo, o resto son suplentes. Ao longo do partido o adestrador pode realizar todos os cambios que queira.
    Segundo a situación no campo atopámonos cos seguintes xogadores:
    -Un porteiro; é o encargado de defender a portería.
    -Dous extremos; son os xogadores que se sitúan máis próximos ás esquinas do campo.
    -Dous laterais; xogan preto da liña de banda e da liña de 9 metros.
    -Un central; sitúase no centro do ataque á altura da liña de 9 metros. É o encargado de organizar o ataque do seu equipo.
    -Un pivote; sitúase de costas á portería na liña de área para poder ver aos seus compañeiros e recibir mellor o balón. Cando o seu equipo está defendendo sitúase xunto ao outro central.

  • ESTÁ PERMITIDO
    -Utilizar os brazos e as mans para bloquear o balón ou apoderarse del.
    -Quitar o balón ao contrario coa man aberta.
    -Utilizar o corpo para obstruír o camiño do contrario.
    -Entrar en contacto corporal cun contrario sempre e cando sexa de fronte cos brazos flexionados mantendo o contrato para controlalo e acompañalo.

  • NON ESTÁ PERMITIDO
    -Arrancar ou golpear o balón cando o ten nas mans o contrario.
    -Bloquear ou empurrar ao contrario cos brazos, mans e pernas.
    -Reter ao contrario, suxeitalo ou lanzarse contra el.
    -Poñer en perigo ao contrario.
    -Tocar o balón co pé ( excepto o porteiro dentro da área).
    -Realizar pasos; prodúcese cando o xogador realiza máis de tres pasos sen botar o baló.n
    -Realizar dobres; esta infracción consiste en que un xogador bote o balón, o colla e volva a botalo.
    -Pisar ou entrar na área.
    -Pasividade; prodúcese cando un equipo dedícase a pasar o balón sen intención de tirar a portería para perder o tempo.

  • PERDA DE POSESIÓN
    Nunha perda de posesión do balón que pasará ao equipo contrario.
    Aplícase:
    -No caso de tocar o balón có pé excepto cando foi lanzado por un xogador contrario.
    -Cando un xogador fai pasos ou dobres.
    -Cando un atacante entra na área.
    -Cando o árbitro pita pasividade.

  • PENALTI
    É un lanzamento dende a liña de 7 metros coa única oposición do porteiro.
    Esta sanción aplícase:
    -Se un defensor entra ou pisa a área.
    -Se un defensor impede de forma antiregulamentaria a culminación dunha acción manifesta de gol.
    -Cando un xogador pasa ao seu porteiro que se atopa dentro da área tamén será sancionado con penalti.

  • GOLPE FRANCO
    É o saque dunha falta tras unha infracción que se produza ante unha acción que non sexa clara de gol.
    Realízase dende a liña discontinua, situándose o equipo que defende na liña de área.

  • BOTE
    Acción técnica empregada para progresar cara a portería contraria.
    Emprégase normalmente en accións de contraataque nas que o xogador está moi lonxe da portería contraria e non hai ningún compañeiro preto dela.


  • PASE
    A finalidade do pase é que o balón avance dun lado a outro do campo intentando que chegue a un compañeiro que estea mellor situado.

    Tipos de pase:
    -Frontal.
    -Lateral.
    -De cadeira.
    -En suspensión.
    -Rectificado.
    -...


  • TIRO A PORTERÍA
    O obxectivo do tiro é que o balón entre na portería.
    O tiro debe realizarse con precisión e potencia.

    Tipos de tiros:
    -En suspensión.
    -Frontal.
    -Picado.
    -En caída.
    -...


  • PARADA
    A parada é realizada polo porteiro e pode empregar todas as partes do seu corpo co fin de evitar que o balón entre na portería.

  • DEFENSA
    Acción dirixidas a:
    -Interceptar o balón e iniciar un contraataque.
    -Evitar o lanzamento do equipo contrario a portería.

  • QUE É?
    O fútbol sala é un deporte colectivo no que se enfrontan dous equipos de cinco xogadores que pateando o balón deben de intentar introducilo na portaría contraria, salvando a oposición do outro equipo.
    O gañador do partido é o equipo que a final do encontro marcara máis goles.





  • DURACIÓN DO PARTIDO
    Os partidos divídense en dúas partes de 20 minutos que se xoga a tempo real, é dicir, no momento que o balón non está en xogo o tempo párase. O descanso entre as dúas partes é de 10 minutos.


  • TERREO DE XOGO
    É unha superficie rectangular, lisa e dura que mide 40 x 20 metros. Na que se atopan marcadas:
    -As liñas de banda e as liñas de fondo. A parte da liña de fondo que se atopa dentro da portería recibe o nome da liña de gol.
    -A liña de área formada por tres liñas, unha de tres metros paralela a liña de fondo e a unha distancia de 3 metros e dúas liñas curvas de 6 metros de radio que unen a liña anterior cos postes que se atopan sobre a liña de fondo.
    -A liña de penalti, atópase a 6 metros do centro da liña de gol e mide 10 centímetros.
    -A liña de dobre penalti situada a 12 metros do centro da liña de gol. tamén mide 10 centímetros.

  • PORTERÍA
    A portería atópase no centro das liñas de fondo que miden 3 metros de ancho, 2 metro de alto, 1 metro de fondo na parte inferior e 80 centímetros na parte superior.

  • BALÓN
    O balón ten unha circunferencia de entre 61 e 63 centímetros e pesa entre 410 e 413 gramos.

  • EQUIPO
    O equipo está formado por un máximo de doce xogadores dos cales só cinco estarán ao mesmo tempo no campo. Ao longo do partido o adestrador poderá realizar todos os cambios que queira.
    Segundo a situación no campo atopámonos cos seguintes xogadores:
    -Un porteiro; é o encargado de defender a portería. Pode incorporarse ao ataque actuando como un xogador máis de campo.
    -Peche ou líbero; sitúase por diante do porteiro sendo a base da liña de tres xogadores de ataque e o último xogador de defensa.
    -Dúas ás; sitúanse preto das bandas (un na parte dereita e outro na esquerda). Encárganse de subir e baixar apoiando aos seus compañeiros.
    -Pívot; é o xogador que se sitúa máis preto á portería contraria.

  • SAQUES
    SAQUE DE BANDA
    Realízase situando o balón sobre a liña de banda para golpealo co pé. Os xogadores do equipo contrario deben de situarse a 5 metros do balón.
    SAQUE DE ESQUIÑA
    Realízase co pé dende a esquina máis preto á liña de fondo pola que saíu o balón. Ao igual que no saque de banda, os xogadores do equipo contario deben de situarse a 5 metros do balón.

  • TIRO LIBRE DIRECTO
    É un lanzamento dende o lugar no que se cometeu a falta que pode entrar directamente na portería tras ser golpeado polo lanzador.
    Concederase un tiro libre directo cando se comenta algunha das seguintes faltas:
    -Dar ou intentar dar unha patada a un xogador contrario.
    -Facer unha cambadela ao adversario.
    -Saltar ou cargar sobre un adversario
    -Empurrar, golpear ou intentar golpear a un adversario.
    -Realizar unha entrada contra un adversario.
    -Suxeitar ou cuspir ao adversario.
    -Tocar intencionadamente o balón coas mans (excepto o porteiro)
    Todas as accións anteriores son faltas acumulables.

  • TIRO LIBRE INDIRECTO
    No tiro libre indirecto o balón debe de ser tocado por outro xogador antes de entrar na portería.
    Cando o porteiro comete unha das seguintes infraccións, concederáselle ao equipo contrario un tiro libre indirecto dende o lugar no que se cometeu a falta.
    -Controlar o balón coas mans ou os pés durante máis de catro segundo no seu propio campo.
    -Tras pasar a un compañeiro volver a recibir o balón no seu propio campo sen antes ser tocado por un adversario.
    -Tocar o balón coas mans dentro da área a pase dun compañeiro.
    Tamén será sancionado con tiro libre indirecto se a opinión dos árbitros un xogador: xoga de forma perigosa, obstaculiza o avance dun contrario, impide ao porteiro soltar o balón...

  • PENALTIS
    PENALTI
    Cando unha infracción das citadas no apartado do tiro libre directo é cometida dentro da área o arbitro pitará penalti (lanzamento libre dende a liña de 6 metros).
    Durante o lanzamento os todos os xogadores excepto o lanzador e o porteiro deben de estar a unha distancia de 5 metros por detrás do balón.
    Ata que o balón non sexa golpeado polo lanzador, o porteiro debe permanecer debaixo da portería sen mover os pés.
    DOBRE PENALTI
    No momento que un equipo comete máis de cinco faltas acumulativas, será sancionado cando cometa unha falta cun dobre penalti que é un tiro libre a 10 metros da liña de gol.


  • TARXETA AMARELA
    A tarxeta amarela indica a un xogador que foi amoestado por:
    -Conduta antideportiva
    -Desaprobar a autoridade do árbitro con palabras ou accións
    -Infringir reiteradamente as regras do xogo.
    -Retardar a continuación do xogo.
    -Non respectar a distancia regulamentaria nos saques e tiros.
    -Saír ou entrar no campo sen permiso dos árbitros



  • TARXETA VERMELLA
    A tarxeta vermella indica a un xogador que foi expulsado por:
    -Conduta violenta ou xogo brusco grave.
    -Cuspir a un adversario ou a calquera persoa
    -Impedir de forma intencionada un gol ou ocasión manifesta de gol coa empregando a man.
    -Malograr unha oportunidades manifesta de gol mediante unha falta sancionable con tiro libre o penalti.
    -Empregar unha linguaxe ( xestos) ofensiva, groseiro ou obsceno.
    -Recibir unha segunda tarxeta amarela no mesmo partido
    Cando un xogador é amoestado con tarxeta vermella debe de abandonar o terreo de xogo.

  • CONTROL E CONDUCIÓN
    CONTROL
    Facerse có balón e dominalo para deixalo na posición axeitada para ser xogado.
    Hai distintos tipos de control: Parada, semiparada, amortecemento.
    CONDUCCIÓN
    Conducir o balón, é moverse dun lado a outro do campo empregando os pés para levar o balón.
    Para que sexa eficaz debe controlarse a superficie de contacto co balón, o toque, a presión e o equilibrio do corpo e non diminuír a velocidade do balón.

  • PASE E RECEPCIÓN
    PASE
    É a acción de entregar o balón a outro xogador con maior precisión posible. Os pases poden ser clasificados segundo distintos criterios:
    -En función da distancia os pases: curtos, medios ou longos.
    -Segundo a súa traxectoria: ascendentes, descendentes, parabólicos ou rasos.
    -Segundo a súa dirección: en profundidade, laterais, atrasados ou en diagonal.
    -En función da altura: altos, media alturas o rasos.
    -Segundo a parte do pé coa que se realicen: de empeña, de talón, de punteira ou co interior.
    RECEPCIÓN
    É acción de recibir o balón e controlalo.

  • CANEO E FINTA
    CANEO
    Acción dirixida a superar a un ou varios adversarios sen perder o dominio do balón. Pode realizarse con un cambio brusco de ritmo que busca desequilibrar e superar ao contrario ou realizando unha finta previa.
    Hai distintos tipos de caneo:d e protección, recorte, anciño, bicicleta...
    FINTA
    Acción que ten como finalidade enganar, confundir ou distraer ao contrario pode realizarse antes ou despois de recibir o balón.

  • TIRO
    É o golpeo do balón que ten como obxectivo meter gol.
    Os tiros poden ser: coa punta, co interior, co empeña, co tacón, coa cabeza...





  • ENTRADA
    Acción defensiva que ten por obxecto ir ao encontro do xogador contrario que ten o balón para interceptalo ou evitar que avance con el.
    Pode realizarse de fronte ou lateralmente ao contrario.


  • PARADA E DESPEXE
    Accións realizadas polo porteiro dirixidas a evitar que o balón entre na portería.
    Na parada atrapa o balón e no despexe modifica a súa dirección.

  • QUE É?
    O floorball é un deporte colectivo no que se enfrontan dous equipos.
    O obxectivo do xogo é meter a bola na portería contraria golpeándola co stick.
    Sendo o gañador do partido o equipo que ao remate do mesmo metera máis goles.

  • DURACIÓN DO PARTIDO
    Os partidos divídense en tres tempos de 20 minutos cada un con 10 minutos de descanso entre eles.
    O tempo de xogo é tempo efectivo, é dicir, cada vez que o árbitro asubía, o tempo detense e reanudarase no momento no que se pon a bola en xogo.



  • TERREO DE XOGO
    É un rectángulo de 40 metros de largo e 20 metros de ancho nas que as liñas que o limitan teñen 50 cm de altura para que a bola non salga fóra e as súas esquinas son redondeadas.
    No campo están marcadas:
    -Unha liña central que divide o campo en dúas metades, sobre ela estará marcado o punto central.
    -Dúas áreas de portería rectangulares que miden 4 x 5 metros, que se atopan a 2,85 m da liña de fondo e centradas en relación ás liñas de banda.
    -Dúas áreas de porteiro, tamén rectagulares de 1 x 2,5 m que se atopan centradas en relación as liñas de banda e a unha distancia de 0,65 m da liña posterior da área de portería. Nesta área só pode entrar o porteiro.
    -Dúas liñas de gol que son coincidintes coa liña posterior da área de porteiro, estando centradas na mesma e miden 1,6 m.
    -Os puntos de saque neutral marcados sobre a liña central e na prolongación das liñas de portería a unha distancia de 1,5 metros das liñas de banda.

  • PORTERÍA
    As porterías miden 160 cm da ancho, 115 cm da alto e 65 cm de profundidade.

  • STICK E PELOTA
    O bola é esférica de 8,9 centímetros de diámetro fabricada en plástico e pintada nunha soa cor, ten 26 buratos e pesa 55 g.
    O stick é de plástico duro e resistente. Ten unha lonxitude entre 123 e 100 cm e un diámetro de 6,6 cm. A pa non pode estar afiada.

  • EQUIPO
    O equipo está formado por un máximo de 20 xogadores dos que só están no campo ao mesmo tempo 6 xogadores incluíndo o porteiro.
    O número de cambios ao longo do partido é ilimitado e poden facerse en calquera momento.
    Segundo a súa situación no campo atopámonos cos seguintes xogadores:
    -Porteiro; é o único xogador que non utiliza stick, vai protexido cun casco ou máscara e pode tocar a bola con calquera parte do corpo. No momento que sae da área de portería pasa a ser considerado un xogador de campo.
    -Xogadores de campo; poden ser dianteiros ou defensas.

  • ESTÁ PERMITIDO
    -Golpear e dirixir a bola cos dous lados da pa do stick.
    -Meter gol dende calquera parte do campo.
    -Xogar axudándose do rebote contra o bordo do campo.
    -Arrebatar a bola ao adversario.
    -Meter o stick na área do porteiro, sempre que a bola esté dentro da mesma.
    -Xogar por detrás das porterías.
    -Parar a bola con calquera parte do corpo excepto os brazos e a cabeza (só un toque)

  • NON ESTÁ PERMITIDO 1
    -Elevar o stick por riba da altura da cadeira no momento anterior ou posterior ao golpeo.
    -Golpear a bola por encima do xeonllo.
    -Pasar o stick ou a perna entre as pernas do contrincante.
    -Xogar a bola agarrando o stick cunha soa man.
    -Lanzar ou soltar o stick.
    -Golpear a bola coa man ou a cabeza, excepto o porteiro que si pode facelo.
    -Enganchar ao rival ou o seu stick co noso stick.
    -Xogar a pelota tombado no chan.

  • NON ESTÁ PERMITIDO 2
    -Empurrar, obstruír ou agarrar a outro xogador.
    -Pasar a bola entre as propias pernas.
    -O porteiro non pode reter a bola máis de 3 segundos.
    -Golpear, elevar, bloquear ou darlle unha patada ao stick do opoñente.
    -Aos xogadores de campo entrar na área do porteiro.
    -Ao porteiro lanzar a bola máis aló da liña do medio do campo.
    -Realizar un pase ao porteiro ou que este colla a bola despois de ser tocada por un compañeiro.

  • SAQUES
    SAQUE NEUTRAL
    Ao comezo de cada período e despois dun gol realizarase un saque neutral dende o punto central.
    Nese momento cada equipo debe estar no seu campo a 3 metros da bola excepto os dous xogadores que realizan o saque neutral.
    Tamén se realizará saque neutral tras un penalti que non remata en gol e cando un gol non é concedido.
    SAQUE DE BANDA
    O saque de banda realizarase mediante golpeo polo equipo contrario ao que mandou a bola fóra. Tras facelo o xogador que sacou non pode tocar a bola ata que non o faga outro xogador.

  • FALTA E PENALTI
    GOLPE FRANCO
    O saque de falta ou golpe franco, sacarase mediante golpeo dende onde se cometeu a falta pero nunca por detrás da prolongación da liña de portería nin a menos distancia de 3,5 metros da área do porteiro.
    PENALTI
    realizarase dende o punto central debendo colocarse todos os xogadores a excepción do porteiro e do lanzador na zona de substitución.
    O lanzador pode tocar un número ilimitado de veces a bola sempre que estea en movemento cara adiante. Despois que o porteiro toque a bola non poderá ser tocada de novo polo xogador.

  • EXPULSIÓNS
    Segundo as infraccións cometidas, os xogadores poderán ser expulsados durante 2, 5 ou 10 minutos, debendo permanecer durante ese tempo no banco de expulsión.
    No caso de faltas moi graves poden ser expulsados por tarxeta vermella debendo abandonar o campo e non poderán volver a xogar no que resta de partido.

  • AGARRE DO STICK
    A man dominante colocarase na parte superior do stick e a outra a unha separación equivalente á dos ombros. Para coller correctamente o stick poden colocarse as mans nas posicións indicadas do stick elevado paralelo ao chan para posteriormente baixalo ata que a pa toque o chan.
    Na posición básica os xeonllos están lixeiramente flexionados e as costas rectas.






  • DESPRAZAMENTO
    Nos desprazamentos debe levarse a bola preto para controlala mellor e manter a cabeza elevada para ter unha mellor visión do xogo.

  • PASE
    Segundo os xestos técnicos hai dous tipos de pase:
    -Pase por arrastre; a bola está pegada á pa durante todo o xesto. Comeza coa bola atrás debendo o xogador xirar pouco a pouco o stick ata que a pa mire cara onde quere realizar o pase momento no que da o último impulso.
    -Pase de pulso; neste pase a bola está colocada diante do xogador polo que o stick colócase detrás coa punta da pa dirixida cara a bola. O xogador debe achegar o stick cara a bola e golpeala ao mesmo tempo que xira un pouco o pulso de tal xeito que a pa quede perpendicular a onde quere facer o pase.

  • TIRO
    Ao igual que no pase, o tiro pode ser mediante arrastre ou de pulso. Realizándose da mesma maneira que o pase coa diferenza que para engadir máis potencia ao tiro, o xogador debe premer coa man de abaixo o stick e tirar del coa man de arriba.
    Outra forma de tiro é o Slap- Shot. É un tiro que se realiza dende lonxe e sempre e cando non se atope outro xogador preto. A bola debe de estar adiantada á altura do pé esquerdo, o xogador colocará o stick paralelo ao chan sen pasar a altura da cintura e golpeará o chan uns 20 -30 centímetros detrás da bola flexionando o stick para rematar golpeando a bola.

  • QUE É?
    O voleibol é un deporte colectivo no que se enfrontan dous equipos separados por unha rede.
    O obxectivo do xogo é que o balón tras pasar por riba da rede toque o chan do campo contrario.
    Cada equipo pode realizar como máximo tres toques seguidos.




  • PUNTO, SET E PARTIDO
    PUNTO
    Un equipo anota un punto cando:
    -O balón toca o chan no campo contrario.
    -O equipo contrario realiza unha falta.
    -O equipo contrario recibe unha amoestación.
    SET
    Se o equipo que está sacando anota un punto, seguirá sacando. No caso de gañar o punto o equipo receptor, este encargarase de realizar o seguinte saque.
    Un set é gañado polo equipo que antes anote 25 puntos cunha vantaxe mínima de 2 puntos, en caso de empate a 24, o set continúa ata conseguir unha vantaxe de 2 puntos.
    No caso de ter que xogar o 5º set, este xogarase a 15 puntos no lugar de a 25 pero sempre debe gañarse cunha vantaxe de 2 puntos.
    PARTIDO
    O equipo que consegue tres sets gaña o partido.


  • TERREO DE XOGO
    É un rectángulo de 18 metros de longo por 9 de ancho dividida en dúas partes por unha rede.
    Ao redor deste rectángulo atópase unha zona libre que mide un mínimo de 3 metros nela pódese xogar o balón coa condición de que non toque o chan.
    A 3 metros da rede atópase a liña que delimita a zoa de ataque.
    A altura mínima dende o chan ata o teito ou a algún obstáculo do mesmo será 7 metros.

  • REDE
    A rede mide entre 9,5 e 10 metros de longo e 1 metro de ancho, nos extremos atópanse dúas varas coincidentes coas liñas laterais do campo.
    A parte superior da rede está na categoría masculina a 2,43 metros e na feminina a 2,24, nas categorías inferiores a rede colocarase máis baixa.

  • BALÓN
    O balón é esférico e flexible, de entre 65 e 67 centímetros de diámetro e cun peso de 260 - 280 gramos.
    Normalmente está fabricado en coiro.

  • EQUIPO
    O equipo está formado por un máximo de 12 xogadores, dos cales só 6 están ao mesmo tempo no terreo de xogo, o resto son suplentes.
    En cada set pódense facer un máximo de 6 substitucións.
    Segundo a súa situación no campo os xogadores poden ser:
    -Dianteros; son os tres xogadores situados fronte a rede. Ocupan as posicións 4, 3 e 2 no campo.
    -Zagueros; son os tres xogadores que se sitúan na parte posterior do campo ocupando as posicións 5, 6, 1.
    Cando un equipo logra o dereito se saque, os seus xogadores deben rotar as súas posicións no sentido das agullas do reloxo.
    Dos 12 xogadores do equipo, un ou dous deles serán designados como líberos que son xogadores especialistas en defensa e identifícanse por levar unha camiseta de cor diferente.
    No terreo de xogo só pode estar un líbero e non pode realizar golpes de ataque cando o balón se atope por riba da rede, saques nin bloqueos.

  • BALÓN DENTRO
    Considérase que un balón entrou e polo tanto o equipo que o golpeou obtén un punto cando toca no chan do campo contrario.


  • BALÓN FÓRA
    Considérase que un balón está fora e polo tanto o equipo que obtén o punto é o que estaba na recepción cando o balón:
    -Toca o chan fora da zona de xogo do campo.
    -Toca un obxecto fóra do campo, o teito ou a unha persoa que non está xogando.
    -Toca as varas, cordas, postes ou a propia rede fóra da liña de banda lateral.
    -Pasa completamente por debaixo da rede.
    -Pasa completa ou parcialmente por fóra das varas da rede.


  • FALTAS I
    Un equipo comete falta cando:
    -Realiza catro toques. O bloqueo non é considerado toque.
    -Un xogador realiza dous toques seguidos.
    -Un xogador se apoia nun compañeiro ou nun elemento para facer un toque.
    -Un xogador retén ou lanza o balón.
    -Tras o golpeo o balón caer fóra da zona de xogo do campo.
    -Non realiza correctamente a rotación antes do saque.
    -Os xogadores non están situados na posición que lle corresponde antes da realización do saque.

  • FALTAS II
    Un equipo comete falta cando:
    -Un xogador toca o balón ou a un adversario por riba da rede no campo do adversario.
    -Un xogador entra no campo contrario por debaixo da rede molestando a acción do xogo.
    -Un pé pasa completamente por debaixo da rede ao campo contrario.
    -O balón toca a rede sen pasar ao campo contrario.
    -Un xogador non realiza correctamente o saque ou tras o mesmo o balón non pasa por riba da rede ao campo contrario.
    -Se tras o saque o balón cae fóra da zona de xogo do campo.
    -Un xogador zaguero realiza un golpe de ataque na zona anterior do campo.

  • SAQUE
    Cada punto iníciase cun saque do balón desde detrás da liña de fondo.
    Lánzase o balón ao aire e golpéase cara ao campo contrario buscando os puntos débiles da recepción do adversario.

    Tipos:
    -Saque baixo.
    -Saque de tenis.
    -Saque en suspensión.
    -Saque flotante.
    -...


  • RECEPCIÓN
    Acción de interceptar e controlar o balón que vén do saque do equipo contrario.
    É o primeiro golpeo do equipo para construír o seu ataque cando non está en posesión do saque.
    Emprégae habitualmente o toque de antebrazos para recepcionar.



  • COLOCACIÓN
    Ten como obxectivo situar o balón nas mellores condicións para que un compañeiro remate.
    Realízase empregando o toque de dedos.


  • REMATE
    Golpe que ten como finalidade enviar o balón ao campo contrario.
    Normalmente realízase en suspensión golpeando o balón levantando o brazo por detrás da cabeza.


  • BLOQUEO
    Acción defensiva individual ou colectiva que consiste en elevarse por riba da rede cos dous brazos estirados para evitar o remate do equipo contrario.

  • DEFENSA DO CAMPO
    Acción que realizan os xogadores despois de que o balón impacte ou cruce a liña do bloqueo.
    É habitual que o xogador se lance en plancha para que o balón rebote sobre a man e non sobre o chan e evitar así o punto.