1
O ATLETISMO
Educación Física. CEIP Vilaxoán
Materia: Educación Física
Temática: Atletismo
Nivel: 5º e 6º de Educación Primaria
Descrición:Actividades dirixidas a coñecer o atletismo
Obxectivo:Coñecer e identificar as distintas probas do atletismo
Estratexia: Utilización do libro Lim para presentar ao alumnado as probas atléticas
O libro complétase co Brincaletras do mesmo nome.


  • DEFINICIÓN
    As carreiras de velocidade no atletismo consisten en percorrer unha distancia non superior aos 400 metros no menor tempo posible.
    Nas probas de velocidade cada atleta corre pola súa rúa. Se invade outra rúa ou pisa as liñas laterais da súa o atleta pode ser descalificado.

  • DISTANCIAS
    As distancias a percorrer nas probas de velocidade son 100, 200 e 400 metros.

  • SAÍDA DE TACOS I
    Os tacos son o implemento que utilizan os atletas para impulsarse na súa saída.
    O atleta colocará os apoios no soporte na posición que se adapte a súa forma de saída.
    O xuíz considerará saída nula se o atleta:
    - Sae antes de que se produza o disparo.
    - Móvese unha vez adoptada a posición de listos.
    O atleta que comete unha saída nula será descalificado e non poderá participar na carreira.

  • SAÍDA DE TACOS II
    As fases dunha saída de tacos son:
    - A voz de "Aos seus postos" o atleta debe colocarse nos tacos apoiando os pés nos soportes, o xeonllo da perna de atrás estará apoiada no chan aproximadamente á altura do pé de diante. O xeonllo da perna de diante estará elevado sobre a vertical da liña de saída. As mans situaranse apoiadas nos dedos polar e índice detrás da liña de saída e separadas a anchura dos ombros.
    - A voz de "Listos" o atleta elevará a cadeira separando o xeonlo do chan e adiantando un pouco os ombros sen mover as mans.
    - Ao escoitar o disparo o atleta impulsarase nos tacos de saída para comezar a súa carreira, a medida que avance irá elevando o seu tronco ata chegar a posición vertical.

  • RELEVOS
    As probas de relevos son o 4x100 no que cada atleta percorre 100 metros e o 4 x 400 no que percorre 400 metros.
    No 4x100 cada equipo corre pola súa rúa e no 4x400 o segundo relevista colle rúa libre ao inicio da contrarecta.
    Nas carreiras de relevos os atletas teñen que pasarse a testemuña dentro dunha zona de 20 metros, anterior a ela atópase a prezona na que o atleta que vai a recoller a testemuña pode iniciar a súa carreira.
    Se a testemuña é entregada forá da zona o equipo é descalificado.

  • CARREIRA DE VALADOS
    As carreiras de valados son probas de velocidade nas que o atleta debe pasar en carreira dez valados.
    Nestas probas os atletas empregan os tacos de saída.

  • DISTANCIAS VALADOS
    Os homes corren as probas de 110 metros e 400 metros valados. A altura do valado na proba de 110 é de 1,06 metros e na de 400 metros de 91,4 centímetros.
    As mulleres corren as probas de 100 e 400 metros valados, sendo a súa altura de 84 e 76,2 centímetros respectivamente.

  • REGULAMENTO VALADOS
    Nas probas de valados os atletas serán descualificados se:
    - Pasan o pé ou a perna polo exterior do valado.
    - Tiran de forma intencionada coa man ou co pé un valado.
    - Pasan un valado que non está na súa rúa.
    - Realizan unha saída nula.
    - Invaden a rúa doutro atleta.

  • CARREIRAS OBSTÁCULOS
    A distancia a percorrer polo atleta nunha carreira de obstáculos é de 3000 metros.
    Ao longo da mesma debe superar 28 obstáculos e 5 rías, podendo pasalos por riba sen tocalos ou apoiando o pé sobre os mesmos.
    Nas carreiras de obstáculos realízanse por rúa libre.
    A altura do obstáculo en categoría masculina é de 0,914 metros e 0,762 na categoría feminina.

  • A RÍA
    Nas carreiras de obstáculos os atletas deben pasar en cada volta a ría que se atopa na curva esquerda da pista.
    O obstáculo da ría ten a mesma altura que os restantes obstáculos e despois do mesmo atópase un foso de auga que ten súa parte máis profunda na base do obstáculo.

  • MEDIO FONDO
    As carreiras de medio fondo son o 800 metros e o 1500 metros.
    Nos 800 metros os atletas saen cada un na súa rúa e pasan a rúa libre despois da primeira curva.
    Nos 1500 metros os atletas realizan toda a carreira por rúa libre.
    Nestas probas combínase a resistencia e a velocidade final.

  • FONDO
    As probas de fondo que se corren na pista son o 5000 metros e 10000 metros, ambas córrense por rúa libre.
    A proba de maratón realízase forá da pista e nela os atletas deben percorrer 42,195 metros.
    Normalmente a meta da maratón está dentro do estadio.
    As probas de fondo son probas de resistencia.

  • MARCHA I
    As probas de marcha son os 20 quilómetros e os 50 quilómetros.
    Realízanse nun circuíto forá da pista, aínda que en ocasións a meta atópase na pista.
    A marcha é unha progresión de pasos executados de modo que o atleta mantéñase en contacto con o chan. A perna que se avanza ten que estar recta, (non dobrada polo xeonllo) desde o momento do primeiro contacto co chan ata que se ache en posición vertical.

  • MARCHA II
    No caso de que perdan o contacto co chan ou flexionen o xeonllo serán avisados polos xuíces empregando os sinais amarelos.
    Aos tres avisos realizados por xuíces distintos o atleta é descalificado amosándolle o sinal vermello

  • LONXITUDE
    O salto de lonxitude é unha das probas de salto horizontal do atletismo.
    Nela os atletas corren por unha rúa para bater na táboa e caer no foso de area.
    A táboa de batida está situada entre 1 e 3 metros antes do foso. A continuación da táboa atópase unha liña de plastilina que non pode ser pisada polo atleta.
    Un salto será nulo se:
    - O atleta pisa na liña de batida ou realiza un apoio despois da mesma antes de caer na area.
    -Realiza unha viravolta no aire.
    - Sae do foso de area por detrás da marca que deixou na mesma.


  • TRIPLE SALTO
    O triple salto é unha das probas de salto horizontal do atletismo.
    Nela os atletas corren por unha rúa e executan tres saltos (batida, batida coa mesma perna e batida coa outra perna) antes de caer no foso de area.
    O primeiro dos saltos realízase na táboa de batida que está situada entre 9 e 11 metros antes do foso. A continuación da táboa atópase unha liña de plastilina que non pode ser pisada polo atleta.
    Un salto será nulo se:
    - O atleta pisa na liña de batida ou realiza un apoio despois da mesma antes de caer na area.
    - Non realiza correctamente a secuencia do salto.
    - Sae do foso de area por detrás da marca que deixou na mesma.

  • MARCA E INTENTOS
    Nos saltos horizontais, cada saltador dispón de tres saltos e os que fagan as oito mellores marcas terán tres saltos máis.
    A marca realizada polo atleta no salto é a distancia entre a liña de batida e a pegada máis próxima á mesma deixada polo atleta na súa caída.

  • PÉRTEGA
    O salto con pértiga é unha das probas de salto vertical do atletismo.
    Nela os atletas deben de saltar por riba do listón sen tiralo caendo sobre un colchón. Para impulsarse realizan unha carreira de aproximación e impúlsanse empregando a pértega.
    Se o listón cae ou o atleta ou a súa pértega pasan a vertical do listón antes de saltar o salto será nulo.

  • ALTURA
    O salto de altura é unha das probas de salto vertical do atletismo.
    Nela os atletas deben de saltar por riba do listón sen tiralo caendo sobre un colchón. Para impulsarse realizan unha carreira de aproximación por un dos laterais do listón.
    Se o listón cae ou o atleta pasa a vertical do listón antes de saltar o salto será nulo.

  • MARCA E INTENTOS
    Nos saltos verticais, cando o atleta supera o listón, este situarase nunha altura superior, segundo a cadencia establecida na competición.
    No momento que un atleta realiza tres saltos nulos consecutivos na mesma ou en diferentes alturas queda eliminado, sendo a súa marca na proba a altura na que se atopa o último listón que superou.

  • LANZAMENTO DE PESO
    O peso lánzase dende o interior dun círculo e debe caer dentro da zona delimitada.
    O peso que lanzan os homes pesa 7,260 Qg e 4 Qg o que lanzan as mulleres.
    O peso lánzase cunha soa man por riba da altura dos ombros, inicialmente debe de estar pegado ao pescozo.
    Un lanzamento é nulo se:
    - Non é realizado por riba da altura do ombro.
    - Sepárase o peso do pescozo
    - O peso cae fora da zona limitada.
    - O lanzador pisa a parte superior do colector que se atopa na parte dianteira do círculo.
    - O lanzador sae pola parte dianteira do círculo.

  • LANZAMENTO DE DISCO
    O disco lánzase dende o interior dun círculo que se atopa dentro dunha gaiola e debe caer dentro da zona delimitada.
    O disco que lanzan os homes pesa 2 Qg e 1 Qg o que lanzan as mulleres.
    O disco lánzase co brazo extendido tras realizar o atleta un xiro e medio sobre si mesmo
    Un lanzamento é nulo se:
    - O lanzador sae do círculo antes de que caia o disco
    - O disco cae fora da zona limitada.
    - O lanzador pisa o bordo do círculo.
    - O lanzador sae pola parte dianteira do círculo.

  • LANZAMENTO MARTELO
    O martelo lánzase dende o interior dun círculo que se atopa dentro dunha gaiola e debe caer dentro da zona delimitada.
    O martelo que lanzan os homes pesa 7,260 Qg e 4 Qg o que lanzan as mulleres.
    O martelo lánzase coas dúas mans, o atleta realiza varios volteos do artefacto para romper a inercia, continuación executa tres ou catro xiros levando os brazos estirados e finaliza o lanzamento soltando o martelo de costas á zona de caída.
    Un lanzamento é nulo se:
    - O lanzador sae do círculo antes de que caia o martelo
    - O martelo cae fora da zona limitada.
    - O lanzador pisa o bordo do círculo.
    - O lanzador sae pola parte dianteira do círculo.

  • LANZAMENTO XAVELINA
    A xavelina lánzase dende un corredor e debe caer dentro do sector delimitado.
    A xavelina que lanzan os homes pesa 800 gramos e 600 g a que lanzan as mulleres.
    A xavelina lánzase cunha soa man por riba do ombro ou da parte superior do brazo de lanzamento tras realizar unha carreira de aproximación na que nos últimos apoios o atleta executa un cruce de pernas.
    Un lanzamento é nulo se:
    - A xavelina cae plana ou de cola.
    - A xavelina cae fora da zona limitada.
    - O lanzador pisa a liña que limita a parte final do corredor de lanzamento.
    - O lanzador sae por diante da liña de lanzamento

  • INTENTOS E MARCA
    O lanzador ten tres lanzamentos e os oito mellores dispoñen de tres lanzamentos máis.
    A marca realizada polo atleta é a distancia entre a parte interior da liña final do corredor de lanzamento ou do círculo e a pegada máis próxima deixada polo artefacto ao caer.

Os atletas realizan as dez/sete probas en dous días consecutivos.
Á marca obtida en cada proba correspóndelle un número de puntos segundo as táboas regulamentarias.
En cada proba aplícase o regulamento da mesma salvo que:
- Poden haber unha saída nula nas carreiras.
- Os atletas realizaran só tres intentos no salto de lonxitude e nos lanzamentos.
Se un atleta non toma a saída nunha carreira ou non realiza un intento nos saltos ou lanzamentos será descalificado da competición.
Na última das probas os atletas organizaranse nas series segundo a claficación ata o momento.