Programación do proxecto

Sitio: Aula Virtual CEIP Veleiro Docampo
Curso: Aprendizaxe por proxectos dende a biblioteca escolar - PFPP (18-19)
Libro: Programación do proxecto
Impreso por: Usuario convidado
Data: xoves, 1 de xaneiro de 2026, 7:50 PM

Descrición

Programación do proxecto "Somos castrexos"

1. Introdución

Proxecto de centro que xurde da Biblioteca escolar dende a cal se propoñen diferentes tarefas a realizar por cada un dos cursos. Con el pretendemos dar a coñecer aos nenos a cultura dos castrexos partindo dun recurso que temos no concello: O Castro de Viladonga.

2. Objetivos

  • Coñecer distintos aspectos da cultura castrexa adaptados a cada nivel educativo.
  • Valorar o patrimonio cultural, histórico e deportivo do municipio.
  • Utilizar a biblioteca como lugar de búsqueda de información.

3. Contidos

Cada curso empregará os contidos da súa programación, pero tendo en conta os obxectivos do proxecto, empregaranse mínimo os seguintes bloques:

Inicicación á actividade científica (CCNN)

Contidos comúns (CCSS)

O mundo que nos rodea (CCSS)

Vivir en sociedade (CCSS)

As pegadas do tempo (CCSS)

Expresión artística (EA/EP)

Xogos e actividades deportivas (EF)

Comunicación verbal, falar e escoitar (LG)

Comunicación escrita: ler (LG)

Comunicación escrita: ler (LC)

4. Metodoloxía

A biblioteca proporá diversas actividades e o profesorado adaptará as mesmas á súa programación traballando de xeito cooperativo, tendo en conta as opinión do alumnado e adaptándose ás súas necesidades. Empregarase a biblioteca e as novas tecnoloxías para as búsquedas de información.

Non pretende ser un proxecto pechado, xa que se irá concretando segundo os intereses do alumnado, sengundo o seu propio desenrolo e o do curso.

No curso da aula virtual colgaranse as axudas que se vaian dando para esta  posta en práctica en cada aula: https://centros.edu.xunta.gal/ceipveleirodocampo/aulavirtual/course/view.php?id=3

5. Temporalización e tarefas

Este proxecto desenvolverase ao longo de todo o curso podendo, cada curso, adaptarse ás súas necesidades.

Tarefa de introdución: Visitaremos o Castro de Viladonga por cursos e cada curso visitará o Castro, verá un vídeo xenérico no que se explican os aspectos básicos da cultura castrexa, recibirá unha charla específica sobre un aspecto concreto (cada curso un distinto e adaptado ao nivel educativo) desta cultura e realizarán cada curso un obradoiro relacionado con ese aspecto.

Cada curso desenrolará nas aulas o aspecto que lle tocou para expoñelo a final de curso

Magosto: Actividades relacionadas coa cultura castrexa

Entroido: Relacionado coa cultura castrexa.

Lecturas sobre a cultura castrexa e o Castro de Viladonga disponibles e a man durante todo o curso na biblioteca.

Revista Veleiriña: Farase unha revista ao final de curso onde se poden publicar os traballos de cada curso.

Exposición de cada curso ao final de curso.

6. Avaliación

A avaliación do alumnado: realizarase partindo dos estándares de aprendizaxe de cada curso relacionados cos contidos dos bloques comentados anteriormente e os que se elexiran a maiores en cada caso. A avaliación procurarase facer mediante rúbricas nas que os ítems tentarán estar en positivo e ser sinxelas para que o alumnado sexa capaz de avaliarse a si mesmo.

Avaliación da posta en práctica en cada aula:

  • Empregáronse todos os bloques de contidos propostos
  • Foi sinxelo adaptar o proxecto ao curso.
  • Tíveronse en conta os intereses do alumnado

 Avaliacion do proxecto: Items a ter en conta

  • Grao de consecución dos obxectivos propostos
  • Todos os cursos participan no proxecto.
  • Modificacións que se fixeron da planificación inicial, razones e adecuación.
  • O produto final terá que ser socialmente relevante e significativo para o alumnado