A osa e a okapi. 3º E Ó longo do segundo trimestres estivemos a traballar a escultura. Descubrimos Sargadelos, a cerámica de Buño e aprendemos a facer pequenas representacións escultóricas do corpo humano coa axuda de papel de alumnio e tamén coa axuda da plastelina demos renda solta a nosa imaxinación. Estes aspectos xa os amosan outros compañeiros de 3º na súa colaboración. Nós, para aportar outra vertiente, estivemos a traballar outra forma de arte literaria: o conto. Descubrimos as súas partes a través dos contos clásicos e elaboramos un todos xuntos, que é o que vos amosamos. Nel aparece a escultura, neste caso coma castigo, pero así o decidiron os cativos e cativos de 3º E. Agardamos que o gocedes.