Por onde comezamos?
Non precisamos ter todo o proxecto deseñado nin saber de antemán ata onde nos levará a investigación.
Para comezar só temos que facernos unha pregunta:
QUE QUEREMOS INVESTIGAR SOBRE AS MARIÑAS?
Pode ser un lugar, unha persoa, un elemento natural, unha historia, unha tradición, un oficio, un alimento, unha curiosidade, un problema... ou calquera outra cuestión vinculada ás Mariñas que nos interese investigar.
1 · FALAMOS NO NIVEL
Compartimos ideas e pensamos:
Que nos gustaría investigar sobre As Mariñas?
O nivel é a unidade de coordinación, pero isto non significa que todas as aulas teñan que facer exactamente o mesmo. Podemos compartir un mesmo tesouro e investigar aspectos diferentes, repartir preguntas ou organizar o traballo da maneira que mellor encaixe nas nosas aulas.
2 · ESCOLLEMOS UN PUNTO DE PARTIDA
Podemos comezar por un tesouro concreto, unha pregunta, un lugar, unha persoa, un tema, unha curiosidade...
Non necesitamos saber de antemán ata onde nos vai levar.
A investigación poderá medrar, cambiar ou abrir novos camiños a medida que descubramos cousas e aparezan novas preguntas.
3 · BUSCAMOS QUE PORTA OU PORTAS DO CITM PODE ABRIR
Unha vez decidido que queremos investigar, pensamos:
En que departamento ou departamentos do CITM poderiamos comezar?
Unha investigación pode relacionarse cun único departamento ou con varios.
***Escollemos un departamento para comezar, non para poñernos límites.
Non temos que percorrer todos os departamentos nin decidir agora todo o camiño.
*** Consultar os Departamentos do CITM
4 · REXISTRAMOS O NOSO PUNTO DE PARTIDA
A persoa enlace da Biblioteca de cada nivel anotará a decisión inicial na táboa compartida do CITM.
| NIVEL | QUE QUEREMOS INVESTIGAR? | DEPARTAMENTO/S CITM |
|---|---|---|
| Exemplo | O río Mandeo: biodiversidade, calidade da auga, usos do río ao longo do tempo, conservación... | Natureza · Auga · Historia · Futuro |
PRAZO: 18 DE SETEMBRO
Non hai que ter o proxecto deseñado. Agora mesmo só precisamos un punto de partida.
Acceder á táboa de rexistro inicial
E DESPOIS?
Isto é só o comezo.
O que rexistremos agora non é un itinerario pechado. Poderemos reformular preguntas, descubrir novos tesouros, abrir outros departamentos, permanecer nun mesmo ámbito durante moito tempo ou conectar a investigación coas aprendizaxes que vaian xurdindo na aula.
A investigación irá medrando coa aula.
