Unha homenaxe á vida e obra de Francisco Fernández del Riego por Raquel Queizás, grazas a colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos.

Hoxe coñecimos un pouco mellor a Francisco Fernández del Riego. Pasaron 60 anos desde que Don Paco inventou o Día das Letras Galegas, si! Saíu do seu maxín, como moitas outras iniciativas culturais que contribuíron e contribúen a dar prestixio á nosa lingua e á nosa literatura.

Raquel Queizás invitounos a coñecer a este loitador cultural, galeguista incansable. Pediunos que apertásemos o cinto, e levantamos voo cara á Galaxia, a editora que creou Francisco xunto con outros compañeiros nunha época ben, ben escura.

Última modificación: domingo, 25 de xuño de 2023, 6:22 PM