O 8 de marzo non podíamos deixar de reivindicar o papel das mulleres. Aquí vos deixamos unha pequena mostra deste día tan especial.

Así mesmo, dentro da programación de actos do DIA DA MULLER, o Departamento de Igualdade do Concello de Betanzos organizou un espectáculo musical para a rapazada de 3º, 5º e 6º de Primaria titulado CON VOZ DE MULLER. Coa voz de Carolina Rubirosa, e a súa guitarra, e acompañada de Gemola, co seu derroche de enerxía, fixeron un percorrido polo papel da muller na música ao longo da historia, dende Ana María Mozart ata Alaska.

Última modificación: domingo, 25 de xuño de 2023, 6:07 PM