Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022 por Ronsel de Ideas.

Proxecto para rapazada de 7 a 11 anos que inclúe un conto dixital e recursos interactivos adicionais. Tomando como fío condutor o lema "Mil Primaveras máis", os materiais teñen o obxectivo de facerlles ver aos nenos e nenas que eles son unha peza fundamental do futuro do idioma, ao tempo que se quere reforzar e concienciar as familias na idea de que a transmisión da lingua é unha chave para o futuro dos seus fillos e fillas.

Ti es a chave da primavera. Ronsel de Ideas

Última modificación: domingo, 25 de xuño de 2023, 5:22 PM