Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022 por Óscar Romero Martínez.

Serie de cinco curtas de animación 3D con contidos didácticos, cuxo obxectivo final é o de achegarlles aos nenos e nenas adiviñas populares galegas e descricións de espazos cos que aprender novo vocabulario. O contexto estético de imaxe 3D que se utiliza na serie, o estilo do deseño e a liña estética con escenarios dinámicos, así como os personaxes claramente definidos e recoñecibles de capítulo en capítulo, son do gusto do público infantil do século XXI, que aprenderá novas palabras escoitándoas e véndoas en subtítulos.

Última modificación: domingo, 25 de xuño de 2023, 5:17 PM