Iniciativa realizada para TCRedes en galego ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022 por Ademar Silvoso.

Cinco audiocontos en formato MP3 e unha sesión de meditación para nenas e nenos que poderán desfrutar sós ou en compaña de adultos. Historias narradas cunha linguaxe clara, cargadas de fantasía e mais dun trasfondo educativo de novos valores, tales coma a integración en diversidade funcional, as frustracións na aprendizaxe, novos modelos familiares, mesmo problemas cotiáns aos que se enfrontan os cativos nas escolas ou na procura da súa identidade.

Audiocontos para novos tempos. Ademar Silvoso

Última modificación: domingo, 25 de xuño de 2023, 5:16 PM