Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022 por Verónica Santalices Álvarez.

Seis videoclips de debuxos animados e cancións para apoiar o ensino de conceptos básicos en linguas estranxeiras (inglés / francés) co galego como idioma vehicular.

O proxecto da cantante, escritora, compositora e produtora Verónica Santalices está destinado ao público infantil (0-9 anos) e á comunidade educativa, e é de interese tamén para persoas estranxeiras, ao facilitar a aprendizaxe de conceptos básicos en galego.

Última modificación: domingo, 25 de xuño de 2023, 5:13 PM