Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022 por Isaac Pazos Groba.

Serie documental de cinco episodios na que se mostra a nova creación musical galega, os novos grupos musicais e estilos. Música electrónica, fusión do tradicional, reagge son algúns dos estilos representados nesta serie de novos creadores. E os grupos que amosan os seus traballos son Grande Amore, High Paw, Laura Lamontagne & Picoamperio, Pauliña e Celtia Irevire. Cada programa inclúe unha entrevista e unha actuación en acústico nun espazo singular da contorna relacionada cos músicos.

Última modificación: domingo, 25 de xuño de 2023, 5:06 PM