UNHA PRESADA DE CASTAÑAS
Polo Magosto "Unha presada de castañas" con Caxoto Contacontos nos Sábados Miúdos o 29 de outubro
O sábado 29 de outubro celebramos o Magosto nos Sábados Miúdos co contacontos “Unha presada de castañas” de Caxoto Contacontos. O espectáculo terá lugar ás 18:00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns.
O contacontos está destinado a nenos e nenas a partir de 4 anos e as súas familias e ten unha duración de 50 minutos. A actividade ten 57 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas de ata dúas persoas adultas. O prazo de inscrición para o espectáculo estará aberto en www.novas.betanzos.gal desde o 24 de outubro ás 10:00 h e ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no enderezo electrónico facilitado no momento da inscrición.
Os Sábados Miúdos deste ano 2022 continuarán en novembro co espectáculo musical “A Voar” de Cé Orquestra Pantasma, que terá lugar o sábado 19 de novembro ás 12:00 h na Aula de usos múltiples do Edificio Arquivo.
Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado no segundo andar da Casa do Concello, no teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico normalizacion@betanzos.net.
"Unha presada de castañas”
Desde o tempo dos Celtas, coa chegada do outono, os nosos antepasados apuraban o remate da tempada de colleitas e as familias preparábanse para as longas e frías noites do inverno; mais se en Galicia hai unha tradición é que nuca se remata un choio sen celebralo por todo o alto. Nese momento as despensas rebordaban cereais, mel, viño, carne curada de matanza... e, por suposto, castañas... xa temos os ingredientes necesarios para un bo magosto. Enriba do escenario Caxoto iranos contando de todas estas cousas mentres fai un zoncho; o colar de castañas que cando era neno lle facía a súa avoa para levar á escola.