• Caixa de Ferramentas

    • Nesta caixa iremos reunindo recursos, ideas e ferramentas que poden axudarnos nas investigacións.

      Non é un percorrido que haxa que seguir nin un conxunto de actividades obrigatorias. Podemos consultar, adaptar, combinar ou utilizar aquilo que nos resulte útil en cada momento.

      É opcional. É aberta. É ampliable.

      A Caixa de Ferramentas irá medrando ao longo do curso a medida que incorporemos novos materiais e recursos.

    • Icona Ficheiro
      Que podemos investigar en cada departamento?

      Bando de ideas e posibles liñas de investigación organizado arredor dos 13 departamentos do CITM. Un recursos para inspirarnos, atopar puntos de partida e descubrir novas posibilidades para investigar.

    • Icona Ficheiro
      Un tesouro, moitas pistas

      Colección de 25 tesouros das Mariñas que mostra como unha mesma investigación pode xerar novas preguntas e abrir camiños cara a diferentes departamentos do CITM. Un recursos para inpirarnos e descubrir posibles conexións entre ámbitos. Non propón itinerarios obrigatorios: cada investigación seguirá o seu propio percorrido segundo as preguntas que vaian xurdindo.

    • Icona Ficheiro
      Carta Misión Oficial CITM

      Plantilla baleira da carta de Misión Oficial do CITM para que o profesorado poida crear todas as misións que sexan oportunas seguindo o mesmo estilo que o resto do PDI.

    • Icona Ficheiro
      Método PISTA

      Carteis para entender o método de investigación do CITM.

    • Icona Ficheiro
      Ficha Misión Oficial do CITM

      Modelo de plantilla para utilizar durante as nosas investigacións seguindo o Método Pista.

    • Icona Cartafol

      Colección de selos, logos e símbolos empregados na elaboración do material do PDI para que o profesorado os poida utilizar nas actividades que deseñe para a súa aula.

    • Icona Cartafol

      Colección de imaxes de Leo (mascota da biblioteca de primaria) en varias posicións para introducir nas propostas elaboradas polo profesorado.

    • Icona Cartafol

      Colección de imaxes de Mariña (mascota da biblioteca de infantil) en varias posicións para introducir nas propostas elaboradas polo profesorado.

    • Icona Cartafol

      Colección de imaxes de Mero (mascota Voz Natura) en varias posicións para introducir nas propostas elaboradas polo profesorado.