• CHIMPO DE RA

    Contacontos de Raquel Queizás organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos.

    Hoxe, o noso alumnado máis pequeno puido gozar dunha sesión de contacontos na nosa ra favorita.

    Nano é o maior é dá grandes chimpos de ra, Nona, a súa irmá pequena, cae, non sabe e rise dela.

    Nano ten ciumes de Nona. Agora, pensa, todos os agarimos son para Nona. Nona para aquí, Nona para alá... Nano quere volver ser pequeno outra vez...