Section outline

    • No piñeiro da cas da María

      Hai unha curuxa, dorme polo día

      vai de festa cando morre o sol

      érguese do leito feito de herba mol.

       

      Retrouso

      Xa dorme a cabuxa e tamén o esquío

      érguese a curuxa con o seu vestido

      un vestido branco feito de algodón

      e unha chaquetiña de color marrón.

       

      Vai ás présas porque quer bailar

      a medio camiño ponse a aturuxar

      un parrulo sopra na palleta

      a señora garza vai na pandeireta.

       

      Un esquío canta unha muiñera

      Baila unha cabuxa un pardal peteira

      Calai todos o oso xa marchou

      María adormece a festa rematou

       

      Retrouso