MES DA CIENCIA EN GALEGO
Section outline
-
OS NOSOS EXPERIMENTOS:
Este mes fixemos moitos experimentos. Aquí podedes ver algúns deles. Agardamos que vos gusten:
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS:
"....chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo". Xurxo Mariño Alfonso.
No mes de novembro celebramos o "MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS". Por iso, o primeiro que queremos e presentarvos unha escolma de libros sobre ciencia que podes atopar na nosa biblioteca escolar. Agardamos que che guste.
Add instructions or guidlines here. de bibliotecavales
EU SON CIENTÍFICA. EU SON GALEGA: DHAUNAE DE VIR e GISELA VAQUERO
DHAUNAE DE VIR naceu nos Ancares, pero actualmente reside entre Estocolmo, Madrid e Londres traballando como desenvolvedora de negocio de proxectos transmedia para unha empresa de videoxogos. Á parte da vertente de negocio, a súa experiencia no transmedia abrangue deseño, produción e tradución de videoxogos, series, sitios web, xogos de rol e outros formatos a varias linguas. Produciu proxectos exitosos na industria cinematográfica, obtendo numerosos premios internacionais, incluíndo un premio BAFTA New Talent. O seu primeiro proxecto profesional na industria dos xogos de rol converteuse no segundo proxecto máis financiado en España en todas as industrias.Gisela Vaquero, traballou na industria dos videoxogos durante máis de cinco anos. É licenciada en Comunicación Audiovisual, en Publicidade e Relacións Públicas e especializada en deseño e guión de videoxogos. É fundadora de Jellyworld Interactive, una compañía que busca mellorar a igualdade de xénero mediante os videoxogos; e Presidenta da Asociación Women in Games España (WIGES).EU SON CIENTÍFICA. EU SON GALEGA: BEGOÑA VILA COSTAS
É unha enxeñeira astrofísica natural de Vigo e está especializada no estudio de galaxias espirais. Estudou nas Universidades de Santiago de Compostela e Manchester, onde se doutorou, así como no Instituto de Astrofísica de Canarias. No 2016 recibiu o Premio “Logro Público Excepcional” da NASA e ao ano seguinte obtivo o Premio da Xunta de Galicia pola Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, “María Josefa Wonenburger Planells”. O seu percorrido profesional abrangue dende a Axencia Espacial Canadense ata a NASA.Na actualidade, Begoña Vila reside en Washington DC, e traballa como enxeñeira de sistemas no centro de voo espacial Goddard da NASA, onde é a encargada de controlar que o telescopio espacial James Webb -sucesor do "Hubble”- teña a máxima precisión na toma de imaxes tras o seu lanzamento, a bordo dun cohete Ariane 5, na primavera de 2019.EU SON CIENTÍFICA. EU SON GALEGA: REBECA ATENCIA
Na actualidade, Rebeca Atencia dirixe o Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpouga, situado na República Democrática do Congo e dependente do Instituto Jane Goodall. Neste centro fundado no 1992 coidan e protexen a uns 160 chimpancés co propósito de devolvelos á selva ao tempo que desenvolven un labor de educación e sensibilización sobre estes animais dirixido á poboación da zona. O centro ofrece un santuario aos exemplares de chimpancé en situación de orfandade, vítimas do comercio ilegal de carne de animais salvaxes ou de animais de compañía.No 2011 o Instituto Jane Goodall (JGI) negociou con éxito co goberno do Congo a expansión a tres illas situadas no río Kouilou, onde o JGI poderá recolocar a uns 120 chimpancés que actualmente viven no santuario. Alí, os chimpancés vivirán nun hábitat máis natural e reducirase o amontoamento de Tchimpounga. Ata o de agora, 57 dos chimpancés máis fortes e mellor preparados foron recolocados nas illas Tchindzoulou, Ngombe e Tchibebe.Na conversa, realizada por Bárbara Román, avogada responsable de Nolegaltech -unha empresa galega especializada en dereito tecnolóxico- Rebeca Atencia afirma que “ao principio ser muller foi un impedimento, pero ao final transformouse en algo positivo porque acabaron dando máis valor ao meu traballo”. Neste sentido, a primatóloga aconsella ás rapazas novas “que crean nelas mesmas, se realmente soñan con algo, por moi raro e inalcanzable que pareza”.