
Durante este curso, os clubs de lectura volveron encher a nosa biblioteca de historias, conversas, aprendizaxes e moitos bos momentos compartidos.
Nestes dous vídeos recollemos unha pequena mostra do vivido nos clubs de 3º, 4º e 5º de Primaria, onde os libros foron a escusa perfecta para compartir opinións, descubrir novas lecturas e gozar en compañía.
No vídeo do club de 3º de Primaria tamén poderedes ver algúns momentos da nosa festa de clausura, na que despedimos esta fermosa aventura lectora cun encontro moi especial e coa entrega dun pequeno agasallo ao alumnado participante, como recoñecemento á súa ilusión e compromiso.
Grazas a todas as nenas e nenos por facer dos clubs de lectura un espazo cheo de entusiasmo, respecto e ganas de seguir lendo.
Xa estamos desexando comezar unha nova edición!