• Inicio
    • Novas
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Formularios
    • Libros de texto
  • Comedor escolar
    • Pago telemático comedor
    • 681 214 970 WhatsApp
    • Menús 2025/2026
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Blog Biblioteca
    • Información
  • Galerías
    • Galería
    • Coppermine
    • Álbums
  • Calendario
    • Calendario escolar 2025/26

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
    • Novas
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Documentos
    • Localización
    • Organigrama
  • Secretaría
    • Matrícula
    • Formularios
    • Libros de texto
  • Comedor escolar
    • Pago telemático comedor
    • 681 214 970 WhatsApp
    • Menús 2025/2026
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Blog Biblioteca
    • Información
  • Galerías
    • Galería
    • Coppermine
    • Álbums
  • Calendario
    • Calendario escolar 2025/26

Miga de pan

  • Inicio
  • Comedor escolar 2026-2027

Comedor escolar 2026-2027

Comedor escolar instrucións

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR

Estimada familia:

Seguindo as instrucións 1/2026 (Anexo) sobre o funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar 2026/2027:

  1. Todos os/as alumnos/as do centro, incluídos os de transporte escolar, que desexen facer uso do servizo de comedor escolar, deberán solicitar praza de comedor, cubrindo a autodeclaración que se adxunta cuberta en todos os seus extremos. Deberá ser cuberta e devolta ao centro antes do 9 de xullo.

  2. Recordade que os alumnos/as que, durante o prazo dun mes no fagan uso do comedor, causarán baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas ante a dirección do centro.

  3. Aqueles alumnos/as que non vaian facer uso dun día concreto duante todo o curso (por exemplo, os luns), deberán notificalo por escrito ante a Dirección do centro.

  4. Para determinar a renda anual, utilizarase a declaración do ano 2025.

  5. Deberán firmar a autodeclaración (Anexo) a totalidade de membros que perciban ingresos na unidade familiar.

  6. Poden recoller no centro a solicitude para os pais/nais que desexen colaborar no comedor no curso 2026/2027 (Anexo).

  7. Tamén enviamos información sobre como obter a renda per cápita, segundo o tipo de unidade familiar.

 

ACLARACIÓNS RENTA PER CÁPITA FAMILIAR

Concepto de unidade familiar e renda familiar anual neta per cápita

En base ao disposto no artigo 16 do Decreto 132/2013, o concepto de unidade familiar é o definido na normativa do imposto da renda das persoas físicas.

A normativa da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2024, indica que existen dúas modalidades de unidade familiar:

• 1ª Modalidade: unidade familiar integrada por cónxuxes

Cando exista matrimonio (e os cónxuxes non estean separados legalmente), a unidade familiar estará integrada polos cónxuxes e, se os houber:

a. Os fillos menores (con excepción dos que co consentimento dos seus

pais vivan independentemente)

b. Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada. A partir da entrada en vigor da lei 8/2021 de reforma do Código Civil, tamén se incluirán aqueles fillos maiores de idade con discapacidade sobre os que se estableceu unha curatela representativa por resolución xudicial.

• 2ª Modalidade: unidade familiar no caso de separación legal ou inexistencia de matrimonio

Cando non exista vínculo matrimonial ou os cónxuxes estean separados legalmente, e, ademais, o contribuínte teña fillos menores ou suxeitos a patria potestade prorrogada, integrarán a unidade familiar o proxenitor (o pai ou a nai) con todos os fillos que convivan con el dos que se mencionaron anteriormente; é dicir:

a. Os fillos menores (con excepción dos que co consentimento dos seus pais vivan independentemente)

b. Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada. A partir da entrada en vigor da lei 8/2021 de reforma do Código Civil, tamén se incluirán aqueles fillos maiores de idade con discapacidade sobre os que se estableceu unha curatela representativa por resolución xudicial.

A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2024:

1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro,

recadro 435 + recadro 460 – recadro 595

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade

familiar. O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar:

Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

- Unidades familiares nas que ambos proxenitores, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas dos recadros indicados, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitual-ou ben, da declaración conxunta.

- Unidades familiares nas que ambos proxenitores perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais, deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes das casiñas 0003 (retribucións dinerarias) e 0027 (intereses) e restar os importes das casiñas 0013 (cotizacións seguridade social), 0596 (retencións procedentes do traballo) e 0597 (retencións procedentes do capital mobiliario), tal e como recolle o artigo 16.2.terceiro do Decreto 132/2013, do 1 de agosto.

- Cando ambos proxenitores perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o proxenitor ou os proxenitores non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF.

Instrucion_1-2026_XD.pdf (2.02 MB)
ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS 26-27.pdf (266.79 KB)
Solicitude colaboradores comedor escolar 26-27.pdf (429.53 KB)
Comedor Escolar
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CEIP San Vicenzo