
Desde a biblioteca organizamos un emocionante torneo de xadrez no que participou alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria, xunto con profesorado do centro.
Ao longo das diferentes partidas vivimos momentos de concentración, compañeirismo e deportividade, facendo do xadrez unha excelente oportunidade para aprender e compartir.
Todo o alumnado participante recibiu un diploma como recoñecemento ao seu esforzo e participación, mentres que as persoas gañadoras de cada categoría foron premiadas cun trofeo.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, cunha gran participación e un magnífico ambiente. Sen dúbida, unha actividade para repetir!

