Do 19 de maio ao 19 de xuño, podedes solicitar as axudas de libros e material escolar para o vindeiro curso.
Formas de presentación de solicitudes:
Online
Sede electrónica: utilice esta aplicación e presenta solicitude na Sede Electrónica [iniciar]
Importante: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
Necesitará ter: A) conta de Chave 365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma.
- Aplicación fondolibros: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presentaos no centro educativo [iniciar]
Presencial
- Manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presentaos no centro escolar.
Documentación complementaria
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (Anexo 1 e 2) a seguinte documentación:
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumnado e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado de discapacidade do alumnado ou calquera membro da familia non expedido pola administración autonómica.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
HORARIO DE SECRETARÍA:
Mércores e venres de 12:30h - 13:30h
Martes e xoves: de 9:30h - 10:00h

Máis información na aplicación FONDOLIBROS